A Biblia Kennicott, obra mestra da ilustración medieval, regresa a Galicia cinco siglos despois

Trátase dun dos manuscritos hebreos máis valiosos e fermosos do mundo, creado na Coruña no século XV.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2019 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

O Museo Gaiás conta xa nas súas instalacións coa Biblia Kennicott, unha das xoias da ilustración medieval e un dos manuscritos hebreos máis valiosos e fermosos do mundo, creado na Coruña no século XV.

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, e o vicepresidente da Fundación hispanoxudía, Alberto Ruiz-Gallardón, presentan a mostra coa Biblia Kennicott
O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, e o vicepresidente da Fundación hispanoxudía, Alberto Ruiz-Gallardón, presentan a mostra coa Biblia Kennicott | Fonte: Europa Press

Esta obra, custodiada nas Bibliotecas Bodlein da Universidade de Oxford, representa a proba máis importante da presenza xudía en Galicia na Baixa Idade Media e formará parte da mostra 'Galicia, un relato non mundo'.

A peza será exhibida cincocentos anos despois do exilio dos seus propietarios, unha importante familia de comerciantes coruñeses que se viron obrigados a marchar tras a implantación do decreto de expulsión dos xudeus promulgado polos Reis Católicos en 1492.

Esta mesma semana foron instaladas outras dúas obras procedentes do Reino Unido e que formarán parte desta exposición. En concreto, a novela de cabalaría 'Pontus e Sidonia', ambientada en Galicia, Bretaña, e Inglaterra, e o 'Mapa Sawley', considerado como un dos máis antigos conservados e que representaba a Catedral de Santiago no século XII como o edificio máis importante de Europea.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Alexa

A cara do Gago á beira do Gallardón (pro-sionista radical) é todo un poema... Imaxino que é o prezo que hai que pagar para acadar algunhas cousas na vida (tragar sapos). Todo sexa polo ben do coñecemento da nosa historia. Parabéns!

1 Casilda

Coa Cidade da Cultura e o Despilfarro de Fraga tragaron xa moitos (Suso de Toro, o Rivas, o BNG..., agora o Gago). E si, falamos de tragar para o seu bandullo e para alimentar os seus e o seu ego. O do coñecemento do noso, iso é secundario (mostras como a dos suevos en Ourense e a dos celtas en Pontevedra tiveron tanto impacto e difusión sen o escenario, o malgasto da Cidade da Cultura, nin estrelas de comisarios).

2 Sulco

Casilda, unha tila? O Gago fai o que a Xunta nunca faría. É certo que hai unha clara sobrerrepresentación da Cidade da Cultura e da Igrexa nesta exposición pero elo non invalida a súa utilidade didáctica. Non sobra nada neste país de incultos e todo o que se faga pra coñecer a nosa historia é pouco. A expo dos suevos foi unha baltarada, Casilda, o seu comisario (madrigalego) é coñecido pola súa ultraquerencia pepeira e fixo un relato (o catálogo ten erros e "omisións" descomunais) onde Galiza era un decorado secundario do mundo suevo (vexa o discurso antigalego do narcopresidente na inauguración). E a expo Galaicos de Pontevedra é calquera cousa menos celtista (de feito é moi pobre e abertamente anticeltista!). E o seu comisario (bo arqueólogo pero pésimo historiador) tamén co-participa nesta... Menos bilis.