Conde critica a "demora" das fragatas F-110 e reclama "carga de traballo" para Navantia

"O que lle pedimos a Navantia e ao Goberno de España é un compromiso co naval, co sector industrial, e iso pasa por dotarlle de carga de traballo", advertiu.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2019 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, volveu cargar contra a a "demora" da execución das fragatas F-110 por parte do Executivo central no que respecta á falta de carga de traballo en Navantia Ferrol. Precisamente este luns a ministra de Defensa en funcións, Margarita Carballos, visitará a cidade departamental.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, en declaracións aos medios.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, en declaracións aos medios. | Fonte: Europa Press

"Nun escenario que xa podiamos desenvolver a execución das fragatas, ata o ano 2022 non se vai producir e, por tanto, o que lle pedimos a Navantia e ao Goberno de España é un compromiso co naval, co sector industrial, e iso pasa por dotarlle de carga de traballo", advertiu.

Ademais, Conde sinala que "a industria auxiliar non pode estar dous anos sen traballo esperando a que se inicie o corte de chapa das fragatas". "O Ministerio de Facenda, o Ministerio de Defensa e o Ministerio de Industria teñen que dar unha resposta ao naval. E iso pasa necesariamente por dotalo de carga de traballo", insistiu.

Así o manifestouno en declaracións aos medios antes de participar nunha xornada organizada pola Fundación Concordia e Liberdade, en Santiago de Compostela, e á que asistiu o seu presidente, Adolfo Suárez Illana. Neste contexto, Conde expresou, ademais, que "Galicia non entende por que" o Executivo estatal "non se compromete coa industria electrointensiva".

"Temos un Goberno que se está escudando nunha campaña electoral para non tomar decisións e, por tanto, someter a Galicia nun abandono desde o punto de vista industrial", incidiu". Coa vista posta nas eleccións xerais do próximo domingo, o conselleiro de Economía dixo esperar que "durante esta semana se poida constatar quen vai apoiar ao sector industrial na próxima lexislatura e quen non".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta