A Xunta insiste en apoiar á grande industrial forestal porque crea emprego

Destasca a súa capacidade de xerar riqueza e crear oportunidades laborais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2019 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

A Xunta sinalou o potencial da industria forestal, que representa o 2% do PIB galego, para xerar riqueza e crear oportunidades laborais.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde

Así o remarcou este martes o conselleiro de Economía, Francisco Conde, nunha visita á empresa Madeiras Irmáns Castro, en Ponteareas (Pontevedra), no marco da Semana Forestal Europea. A este respecto, Francisco Conde subliña que Galicia é a novena potencia forestal europea, mentres o sector emprega a preto de 80.000 persoas.

O conselleiro, valorou que para garantir o crecemento neste campo púxose en marcha a Axenda da Industria Forestal, co fin de potenciar o sector e impulsar a bioeconomía como motor de competitividade. Mobilizará 125 millóns de euros ata 2021.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 anonimo

Sobre todo ENCE que a cambio de manter unas poucas decenas de postos de traballo ten envelenada a ria de Pontevedra e a atmosfera dos arredores e está a provocar que a peste dos eucaliptos estea a arrasar os montes de todo Galicia.

1 RPk

Non son unhas poucas decenas de postos de traballo, son moitiiiiisimos. Emprego directo e indirecto, o sostén de moitas familias do mundo rural e prácticamente o único producto rentable que hai hoxe no campo galego. E prácticamente sin pesticidas, nin fertilizantes e con moitísima mais biodiversidade que a gandeiría, que tan adorada é pòlos pseudoecoloxistas, eles saberán por que.