A SEPI aproba a construción da primeira fase do "estaleiro 4.0" de Navantia, segundo o alcalde de Ferrol

Mato insta a Feijóo a "que se deixe de falar tanto dos problemas que ten" Ferrolterra e "faga algo positivo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2019 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato (PSOE), asegurou que o consello de administración da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), único accionista de Navantia, aprobou a construción do taller de subbloques para o estaleiro ferrol.

Segundo sinalou o rexedor ferrolán este venres, trátase da primeira fase do Estaleiro 4.0, consignado nos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) en 165 millóns de euros para iniciar esta modernización e que "vai servir para incorporar as tecnoloxías dixitais a Navantia Ferrol".

Así o indicou Mato nun acto do Partido Socialista celebrado na mañá deste venres na estación de ferrocarril de Ferrol."Esta obra vai supor o maior investimento no estaleiro de Ferrol desde fai máis de catro décadas", apostilou. "O Goberno de España está a cumprir cos seus compromisos. Xa o fixo coas fragatas F-110 e agora vólveo a facer coa modernización dun estaleiro que vai incorporar a fabricación de bloques planos, unha liña de volteo, unha liña de láser híbrido e incorporará toda a tecnoloxía dixital co resto de liñas que ten o estaleiro", engadiu.

CRÍTICAS A FEIJÓO

Ángel Mato tamén aproveitou a súa comparecencia ante os medios de comunicación para pedir ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "que tome nota, deixe de falar tanto dos problemas que ten a comarca (de Ferrolterra) e faga algo positivo".

Para o mandatario socialista, "o único que pode asumir un goberno" é a través dos orzamentos e "facendo os investimentos", polo que incidiu en que Feijóo "ten moito que traballar" porque "hai moitas necesidades e non pode considerar que os problemas que se están producindo en materia industrial na comarca non son problemas da Xunta".

O alcalde de Ferrol co preidente da Deputación da Coruña.
O alcalde de Ferrol co preidente da Deputación da Coruña. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta