A Xunta busca voluntarios para limpar os montes e espazos naturais galegos

É dentro da iniciativa 'Proxecto Libera: Natureza sen lixo'.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2019 | Actualizada ás 19:15

Comparte esta noticia

Galicia participa por terceiro ano consecutivo na organización de batidas cidadás para limpar os espazos naturais de Galicia, que se celebrará entre o 7 e o 15 de decembro e para a que se buscan voluntarios.

O proxecto está enmarcado dentro de 'Proxecto Libera: Natureza sen lixo', posto en marcha por SEOBirdLife e Ecoembes e coa colaboración da Xunta. Este ano a lema da iniciativa é '1m2 polo campo, o monte e os bosques' e, segundo a Xunta, busca concienciar sobre como o abandono e o lixo en espazos naturais teñen un "impacto negativo para a contorna que nos rodea e, en consecuencia, o planeta".

Esta acción voluntaria, que abrirá o prazo de inscrición o 1 de decembro, encádrase dentro doutros plans para a limpeza da contorna galega e entre os seus obxectivos está "caracterizar e tipificar os residuos que se atopan en cada punto de limpeza, a través do uso da ciencia cidadá".

A Administración autonómica observa un "compromiso crecente" da sociedade galega co medio ambiente e veo plasmado na "activa participación" que houbo nas dúas anteriores edicións da iniciativa. O ano pasado rexistráronse un total de 500 voluntarios que limparon espazos naturais de 24 puntos da Comunidade.

Voluntarios da Caixa participan nunha limpeza de praias. A CAIXA
Voluntarios da Caixa participan nunha limpeza de praias. A CAIXA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta