A Eurocámara debate sobre o 'Franquismo post Franco' e o BNG pide a devolución de Meirás

Ana Miranda, a portavoz do BNG en Europa, denunciou que o franquismo segue "demasiado presente nas institucións, na xustiza e na economía".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2019 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

A Eurocámara acolleu unha conferencia baixo o título 'Franquismo post Franco' co obxectivo de dar a coñecer en Bruxelas "a realidade da represión franquista, o espolio da ditadura vixente na actualidade e os pasos que se están dando para terminar coa impunidade", segundo destaca o BNG

A Eurocámara acolle unha xornada sobre 'Franquismo post Franco'. REMITIDA
A Eurocámara acolle unha xornada sobre 'Franquismo post Franco'. REMITIDA | Fonte: Europa Press

A través dunha nota de prensa, o Bloque informa de que ao longo da xornada os integrantes do grupo mostraron o seu "compromiso coa loita para terminar co espolio franquista".

No contexto desta charla, que organizou o grupo de memoria histórica do Parlamento Europeo, o seu portavoz en Europa, Ana Miranda, reclamou "a devolución" do Pazo de Meirás."Desde o Parlamento europeo demandamos a devolución do Pazo de Meirás e o resto de bens incautados", subliñou Miranda, segundo apunta o comunicado.

Ademais, Miranda denunciou que o franquismo segue "demasiado presente nas institucións, na xustiza, na economía, nos nomes das rúas, distincións e privilexios, nas fosas e no incumprimento da normativa internacional de dereitos humanos". Da conferencia deste martes destacou que deu "unha ampla visión de como o franquismo continúa na sociedade despois da morte do ditador".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta