A Xunta abre oficinas de emigrantes retornados en todas as provincias para "facilitar o retorno"

"Queremos acompañar persoalmente aos galegos do exterior en todo o proceso de retorno", apunta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2019 | Actualizada ás 18:52

Comparte esta noticia

A oficina de atención ao emigrante retornado contará por primeira vez con presenza nas catro provincias galegas. Así, nas delegacións da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo, persoal especializado asesorará "persoalmente aos galegos do exterior en todo o proceso de retorno".

Así o destacou este luns o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, durante a visita realizada á Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno xunto á Comisión Delegada do XI Pleno do Consello de Comunidades Galegas.

Esta oficina emprázase no edificio Xera, o inmoble que serviu de pavillón de Galicia na Expo do ano 1992 de Sevilla e que agora está situado no barrio de San Lázaro de Santiago de Compostela. "Entón ensinou ao mundo o que era Galicia, e agora permitirá orientar aos galegos do exterior na súa volta a casa", subliñou Rodríguez Miranda.

"As cifras indícannos que imos polo bo camiño: 2018 foi o quinto ano consecutivo de crecemento do retorno, con máis de 7.000 galegos que volveron á súa terra, o que sitúa o total da lexislatura por encima dos 18.200 retornados", apuntou o responsable de Emigración do Goberno galego.

Así as cousas, incidiu en que as oficinas de atención ao retornado cumpren coa función de asesorar aos galegos do exterior que deciden volver á súa terra de orixe "e que se atopan con moitas dificultades" en ámbitos como a tramitación de permisos de residencia para familiares e a homologación dos títulos universitarios.

O secretario xeral dá Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao Pleno do Consello de Comunidades Galegas no edificio Xera, en Santiago. XUNTA
O secretario xeral dá Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao Pleno do Consello de Comunidades Galegas no edificio Xera, en Santiago. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta