Catro vehículos accidentados tras chocar cunha porta de aluminio que perdeu un camión na AP-9 en Santiago

Os feitos tiveron lugar a primeira hora deste martes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2019 | Actualizada ás 10:48

Comparte esta noticia

Catro vehículos rexistraron danos á primeira hora da mañá deste martes en Santiago de Compostela despois de que un camión que circulaba pola AP-9 perdese parte da súa carga.

Segundo os datos facilitados pola Garda Civil e o 112 Galicia, os feitos sucederon sobre as 7,50 horas deste martes no quilómetro 68,500 da AP-9 dirección A Coruña, sen que ningunha persoa resultase ferida.

Foron varias persoas particulares as que alertaron ao 112 Galicia do ocorrido na autoestrada uns minutos antes das 7,50 horas deste martes. Tras iso, o CIAE 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, do servizo de mantemento da autoestrada e da Policía Local.

Fontes da Benemérita explicaron que o camión transportaba unha porta de aluminio e pasadas as 10,00 horas xa estaba todo retirado.

Garda Civil na AP-9 no Porriño
Garda Civil na AP-9 no Porriño

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta