A Coruña presenta as súas solucións urbanas ante o cambio climático

A rede de hortos urbanos é unha das medidas que o Concello ten en mente.

Por E.P. | CORUÑA, A | 10/12/2019 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

Unha representación da Concellaría de Medio Ambiente e Sustentabilidade do Concello da Coruña presentará o xoves en Madrid, con motivo do Cume do Clima das Nacións Unidas (COP25), o traballo desenvolvido na implantación de solución urbanas baseadas na natureza, segundo informa.

Trátase do proxecto Connecting Nature, financiado pola Unión Europea dentro do programa Horizon 2020 de innovación, en que a cidade participa como socia xunto a outros 28 socios de 16 países.

Durante a sesión, organizada polo ICLEI Europe e o Concello de Madrid, exporanse proxectos como a rede de hortos urbanos da Coruña, "unha iniciativa que permite avanzar de maneira sinxela, efectiva e economicamente sustentable cara a moitos dos obxectivos estratéxicos da cidade", afirma.

Hortas urbanas en Belvís
Hortas urbanas en Belvís | Fonte: www.zentolos.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta