O persoal de Emesa inicia este venres un calendario de mobilizacións "en defensa do emprego"

Avanza a presentación de mocións nos concellos da comarca coruñesa "solicitando o apoio e a solidariedade das corporacións locais" para que insten á Consellería a recibir ao comité "e que se implique activamente na procura de solucións".

Por E.P. | A CORUÑA | 12/12/2019 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

Os traballadores e traballadoras de Elaborados Metálicos Emesa iniciarán este venres un calendario de mobilizacións para esixir ao Grupo Soil Recovery "que abone de inmediato as nóminas pendentes e ofreza información clara e precisa sobre a situación da empresa".

"En defensa do emprego" e tamén polo "futuro da fábrica", segundo informa a CIG, o persoal concentrarase, ás 13,00 horas, na praza Irmáns García de Betanzos. A mobilización repetirase o día 20, ás 12, ante o Edificio Administrativo da Xunta na Coruña.

Ademais, o comité informa que solicitará unha reunión co conselleiro de Industria, Francisco Conde, "para demandar a implicación da Administración galega neste conflito, tanto na súa condición de acredora de Emesa, que ten débedas pendentes co Igape, como de cara a buscar saídas viables que garantan a continuidade dos empregos e da actividade produtiva da fábrica".

Por outra banda, avanza a presentación de mocións nos concellos da comarca coruñesa "solicitando o apoio e a solidariedade das corporacións locais" para que insten á Consellería a recibir ao comité "e que se implique activamente na procura de solucións".

Emesa
Emesa | Fonte: Emesa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta