Adif licita o proxecto de renovación de vía do ramal de acceso ao porto interior de Ferrol

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2019 | Actualizada ás 12:34

Comparte esta noticia

Adif aprobou a licitación dun contrato para a redacción do proxecto de renovación de vía do ramal de acceso ao porto interior de Ferrol.

O proxecto, informou Adif nun comunicado, abarca o ramal de acceso ao porto interior de Ferrol, entre a estación ferrolá e o punto quilométrico 1+180 do ramal, onde termina actualmente a Rede Ferroviaria de Interese Xeral (RFIG) e comeza a infraestrutura ferroviaria do porto.

"O obxecto é dar continuidade á infraestrutura ferroviaria da Autoridade Portuaria de Ferrol, mellorando o acceso ao porto interior e en coordinación coa conexión futura do acceso ferroviario ao porto exterior, actualmente en execución", explicou Adif. O orzamento de licitación do contrato sitúase en 907.500 euros (IVE incluído) e conta cun prazo de execución de 12 meses, engadiron as mesmas fontes.

Trazado sur para o Porto Exterior de Ferrol
Trazado sur para o Porto Exterior de Ferrol | Fonte: Geotren

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta