Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 24/01/2020 | Actualizada ás 19:05
Diversas empresas mostraron o seu apoio á continuidade da fábrica de Ence en Pontevedra no seu actual emprazamento lucindo o 'lazo solidario' nas fachadas das súas sedes. Así o di a compañía nun comunicado, no que resaltou que "o apoio á continuidade" da fábrica na súa localización "non parou de crecer nos últimos meses".
A modo de exemplo, sinala que GrupoNogar colocou "o lazo solidario" en todas as súas fachadas e instalacións, posto que a vinculación que ten con Ence é "de especial relevancia", xa que a pasteira exporta a práctica totalidade da súa produción anual a través do porto de Marín.
Así mesmo, apunta que diariamente entran nas instalacións de Lourizán 300 camións cargados de madeira, motivo polo que moitos dos condutores decidiron colocar o lazo solidario nos seus vehículos "para que a defensa da permanencia sexa visible nos seus percorridos por toda España".
Tamén sinala que se sumaron a estas medida empresas como Papeleira de Brandía, en Santiago; e outras como Metalúrxica Covas, en Vilagarcía, ou Vrio Pack, en Lugo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.