O xuíz embarga catro fincas por sospeitar seren de Conde

Por Galicia Confidencial | Mallorca | 08/10/2012 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

A Audiencia Nacional embargou catro fincas en Pollença, en Mallorca, á compañía Beteiligung. O xuíz Grande Marlaska sospeita que o dono da empresa é en realidade Mario Conde, que debe 27 millóns aos accionistas de Banesto tras ser condenado por apropiación indebida.

Mario Conde
Mario Conde | Fonte: Paco Gallego

Segundo desvela hoxe Interviú, os inmóbeis inclúen unha mansión ao carón da praia de Çan Botana, unha das máis valoradas no mercado do ladrillo da Illas Baleares.

Conde negouse a abonar esa cantidade aducindo que non tiña máis patrimonio, pero unha sentencia firme do Tribunal Supremo faculta ao xuíz a embargar os bens que sospeita propiedade do hoxe candidato á Xunta por Sociedade Civil y Democracia.

Velaquí a entrevista que o contertulio e agora político concedeu a semana pasada a GC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

1 Black Crow

Buenos chicos los del inteviu, no han sacado a la hermana de Feijoo, al menos en la portada claro.