As 167 cartas que se enviaron Otero Pedrayo e Carvalho Calero estarán dispoñibles en Internet

O presidente do Parlamento destaca "o compromiso" co galeguismo de ambos os autores.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 07/03/2020 | Actualizada ás 13:27

Comparte esta noticia

A 167 carta cartas que se enviaron entre 1949 e 1974 os escritores Raamón Otero Pedrayo e Ricardo Carvalho Calero, protagonista este ano das Letras Galegas, estarán dispoñibles 'en liña'. Este sábado asinouse na Casa Grande de Cimadevila, Trasalba (Ourense), o convenio entre a Fundación Otero Pedrayo e o Consello da Cultura Galega co que se busca pór este arquivo epistolar a disposición de estudiosos e público en xeral.

Ricardo Carvalho Calero.
Ricardo Carvalho Calero.

A firma contou coa herdeira de Carvalho Calero, María Vitoria Carvalho Calero, e o presidente da Fundación Penzol,Manuel Puga Pereira; así como co presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices.

As 85 cartas enviadas por Otero Pedrayo están depositadas no Parlamento de Galicia, mentres que as 82 remitidas por Carvalho Calero son custodiadas pola Fundación Penzol.

"COMPROMETIDOS CO GALEGUISMO"

Durante o acto, o presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, destacou que ambos os autores foron dúas persoas "comprometidas coa causa da liberdade e o galeguismo", que afrontaron dificultades na súa traxectoria "cunha enteireza, valentía e integridade realmente exemplares".

Así, considera unha "regalía" este arquivo epistolar, á vez que lembra que o legado documental de Ricardo Carvalho Calero se atopa "perfectamente catalogado e a disposición de calquera estudioso interesado en profundar na súa figura e na época na que lle tocou vivir".

"A Galicia actual está en débeda cos galeguistas históricos que antes e durante a ditadura, nuns casos desde a Galicia territorial, noutros desde a emigración ou desde o exilio, trazaron a senda do que é a Galicia actual", reflexiona.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta