A esquerda gaña nas cidades galegas

Vigo é a cidade que máis apoio deu aos partidos de esquerda e AGE convértese na segunda forza política en Santiago e A Coruña. PP, PSdeG e BNG perden apoios respecto ás elección do ano 2009. A suma de votos de PSdeG, AGE e BNG supera nas sete cidades ao PP, que sustenta a súa maioría absoluta no voto do rural.

Por Alberto Quian | Santiago de Compostela | 22/10/2012 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

As sete principais cidades galegas votaron este domingo maioritariamente opcións de esquerda. O PP non conseguiu gañar máis votos que PSdeG, AGE e BNG xuntos en ningunha das grandes urbes do país e sustentou a súa maioría absoluta no voto do rural galego.

Manifestación na Coruña contra os recortes
Manifestación na Coruña contra os recortes

PP, PSdeG e BNG perden apoios respecto ás eleccións de 2009 pola alta pocentaxe de abstención e a irrupción de AGE.

Datos co 100% dos votos escrutados agás en Ourense, co 97,96%.

Vigo, bastión da esquerda

A maior cidade de Galicia é principal bastión da esquerda no país. Na cidade olívica, PSdeG (35.789), AGE (28.441) e BNG (14.169) sumaron 78.399 votos, fronte aos 49.952 do PP.

Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, nun Día da Patria
Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, nun Día da Patria

Os populares e socialistas perderon, cada un, preto de 17.000 votos respecto ás eleccións do ano 2009; mentres que a caída do BNG foi de preto de 14.000 sufraxios.

A coalición liderada por Beiras acadou na cidade olívica o 14% do total de votos que recibiu nestas eleccións.

AGE, segunda forza en Compostela e A Coruña

Alternativa Galega de Esquerda converteuse na segunda forza política na capital de Galicia, onde obtivo 11.151 votos, a metade que o PP, 2.738 máis que o PSdeG e 6.815 máis que o BNG.

As tres forzas de esquerda suman 1.126 votos máis que o PP.

Na Coruña, AGE tamén superou a PSdeG e BNG, partidos cos que suma máis de 10.000 votos dos que acadou o PP.

O BNG mantense forte en Pontevedra

A única cidade na que o BNG non perdeu votos foi Pontevedra, feudo dos nacionalistas, onde gañaron 89 votos, mentres que o PP perdeu 4.715. Grazas a isto e á caída estrepitosa do PSdeG (-6.400 votos) prodúcese un empate técnico entre nacionalistas e socialistas, só separados por 58 votos.

A suma de PSdeG, BNG e AGE supera en 5.071 votos ao PP.

PSdeG e AGE empatan en Ferrol e suman os mesmos votos que o PP

En Ferrol, PP, PSdeG e BNG tamén perderon apoios. Os socialistas (7.014 votos) só gañaron por un a AGE (7.013) e ambas as dúas forzas suman practicamente o mesmo número de votos que o PP (14.419).

O BNG só puido acadar 2.793 apoios, fronte aos 4.398 do ano 2009.

Empate en Lugo e voto de esquerdas en Ourense

Nas cidades de Lugo e Ourense as alternativas de esquerda tamén superaron en votos totais ao PP.  

Na cidade lucense hai un empate técnico, se ben a nova oposición parlamentaria de esquerdas suma só 302 votos máis que o PP.

En Ourense as tres forzas progresistas con representación parlamentaria suman 24.383 votos, 3.225 máis que o PP.

Xosé López Orozco, alcalde de Lugo. Foto: Concello de Lugo.
Xosé López Orozco, alcalde de Lugo. Foto: Concello de Lugo.
Pachi Vázquez e Abel Caballero nun acto en Vigo
Pachi Vázquez e Abel Caballero nun acto en Vigo | Fonte: PSdeG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 153 comentarios

51 Bule bule

Ale, a festexar todos o gran resultado. O domingo foi un fracaso sen paliativos da alternativa o dominio do PP, un fracaso sen excusas. Andar con lerias de se sumo isto, se collo aquilo, a raíz cuadrada do outro, para continuar cuns cadros dirixentes lamentables rexeitados claramente polos galegos... que non home que non, nin cidades, nin rural nin mamarrachadas como o do Abel Caballero onte, o home perde por 10 puntos co PP e por riba di que Vigo castigou o PP. ¿Pero en qué planeta vive? Hai que deixarse de personalismos, de pelexar por mantelo posto de vicevocal para asuntos ambientais na agrupación comarcal do partido. Os galegos non queren esa esquerda. Pero Pachi segue ahi coma un campeón. Ese era o que iba a coller os votos da esquerda para ser presidente. Feijoo debe estar morto da risa. E pedindo que siga moitos anos máis. Renovación xa. Estado de emerxencia.

50 Alonso Ríos

Pedro de Peisaco, dñogoche o mesmo que lle dixeron á Señora de Fernández e Escopeta Nacional. Pero non será que os do PP fixeron un cursiño acelerado de galego para andar por estes lares metendo cizaña? Non sabes que CCOO,UGT,CIG e 60 organizacións más van dar a lata ao PP-OPUS-DEI-NEOLIBERALISMO-FASCISMO. A que j...? Pois a rascala, que menos que fastidiar á dereita vencedora? Ala, vaites coa música a outra parte. Pídecho de favor: os militares que se mantiveron leais á República, como os xenerais Rogelio Caridade Pita, Enrique Salcedo Molinuevo, e o contraalmirante Antonio Azarola, asasinados polos camaradas fascistas dos peperos-franquistas.

49 José Miñones

Nandiño, seica dimiten os bispos, os cardenais, os papas? Dimitiu Estalin? Na UPG non dimite nin a vella máquina de escribir. Hai moitos anos de costumes de razonamento bucle que impide ver os fallos. Poceden do seminario, non o sabías? En Galiza non houbo revolución francesa, ata a Ilustración foi clerical, qué carafio esperas? Os xesuítas de Vigo deron marxistas dacabalo, que agora fuman puros con Feijó. Só Beiras ten a cortesía cos que o votamos de non felicitar a Feijó. Estaría ben que porque a extrema dereira saia con maioría habera que felicitala. A cortesía que a UPG ten co novo presidente do Parlamento de cartón, non a ten con Beiras. Este é o país que temos e desgraciadamente que nos merecemos. Será que Deus existe, e daquela anda a "j..." ás esquerdas. Vaites saber!

48 Jaime Quintanilla

Sra de Fernández e Escopeta Nacional, váisase ao foro de el País ou á sinRAZÖN, BACEDARIO, e demais familia a dar a vara. Non podemos perder o tempo con boberías, a dereita xa ten o permiso para facer máis pobres aos galegos, non está contenta con iso? Pois vaiase a celebralo a outro foro, sra de fernández e Escopeta Nacional. Pídello de favor Juana Capdevielle, muller do gobernador d’A Coruña, destacada intelectual feminista que estaba embarazada no momento da súa execución en 1936 polos seus antigos camaradas do PP.

47 Foucellas

Por un amigo do can, O QUE AVISA NON É TRAIDOR. Non quero que os mozos que se embarcan agora nesta iludosa empresa política sexan triturados por uns "profesionais" que non dubidan mancar por atrás con tal de que o poder "O que mandan" non os retiren do posto. Se sabes algo de política, reflexiona, o poder de verdade, mantén a un "incombustible" sempre que teña controlado o rebaño. Pero agora non nos podemos permitir o luxo de que estes "progesionais" controlen o proceso e sirvan a "varios señores". A bo entendedor poucas palabras. Sentidiño,chavales, pouco pero sentidiño. E non falemo de San Gabriel, que pode volver. Abur e que desta, BNG e AGE vaian xuntos, entón terán máis dificultade os "profesionais" de controlar "os tempos" e "os obxectivos". Xa veño de volta, quero ao meu País e non estou disposto a unha desfeita coma no pasado. Ogallá me trabuque e a nova xérmola nos faga máis libres.