Temas: FRASEOLOXíA

“Polo miúdo” e “ó retallo”, equivalentes ó castelán “al por menor”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Santiago de Compostela | 15/03/2020 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Cando un individuo galegofalante de seu se refire ó xeito de comerciar con algún tipo de xénero en cantidades pequenas, o máis habitual é que empregue a locución *ó por menor, que non deixa de ser unha locución castelá á que se lle aplica un verniz de galeguidade mudando a contracción al pola correspondente galega ó.

Froita variada: caixa de mazás, caixa de ciruelas e caixa de mangos nun mercado de Madrid.. Óscar Canas - Europa Press - Arquivo
Froita variada: caixa de mazás, caixa de ciruelas e caixa de mangos nun mercado de Madrid.. Óscar Canas - Europa Press - Arquivo

Mais en galego temos expresións que fornecen exactamente o mesmo contido. Vexámolas:

 

Al por menor && Al menudeo

{= En cantidades pequenas, aplicado a xénero de comercio ou á súa comercialización.}

Polo miúdo

Ó retallo

A retallo

Ex.: Los minoristas son los que comercian con género al por menor.

Os retallistas son os que comercian con xénero polo miúdo con xénero ó retallo con xénero a retallo.

Ex.: En el mercadillo de Santa Comba se vende género al por menor.

Na feira de Santa Comba véndese xénero polo miúdo ó retallo a retallo.

 

● Mesmo tamén, como formas máis residuais:

Al detalle && Por menudo

A detallo

 

 

NOTA:

As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Álvarez de la Granja, María: “Glosario de locucións adverbiais do galego medieval”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 7, 2005, páxs. 13-40. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Carré Alvarellos, Leandro: Diccionario galego-castelán. De entre 1928 e 1931. Publicado por entregas en 1926. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Cuveiro Piñol, Juan: Diccionario gallego. Publicado en 1876. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Ferro Ruibal, Xesús: “Cadaquén fala coma quen é. Reflexións verbo da fraseoloxía enxebre”. Discurso de ingreso do profesor Ferro Ruibal na Real Academia Galega o 4 de maio de 1996.

- Filgueira Valverde, X. F. & Tobío Fernandes, L. & Magariños Negreira, A. & Cordal Carús, X.: Vocabulario popular castelán-galego. Publicado por entregas en 1926. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Franco Grande, Xosé Luís: Diccionario galego castelán e vocabulario castelán-galego (2ª edición). Publicado en 1972. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).

 

 

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta