O PSdeG baixou pola división da esquerda, segundo Rubalcaba

O líder do PSOE suliña que, ao presentarse tantas forzas de esquerda, o electorado non visualizou un "goberno alternativo".

Por Galicia Confidencial | Madrid | 29/10/2012 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

Os socialistas avaliaron este luns a crise xurdida en Galicia e Euskadi logo das eleccións do 21-O. Unha xuntanza da súa Executiva Federal na que o secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba volveu defender a súa xestión ante os críticos.

Rubalcaba e Pachi Vázquez nun mitin do PSdeG en Vigo
Rubalcaba e Pachi Vázquez nun mitin do PSdeG en Vigo

De feito, suliñou que, os resultados en Galicia, se deberon en parte, ao feito de que a esquerda se presentou dividida. "Isto fixo difícil que a xente vise un goberno alternativo, senón a suma catro partidos", dixo. Precisamente, ese foi o argumento que utilizou Feijóo durante a campaña para defender a súa xestión fronte a un "bitartito".

A decisión, "deles"

Por outra banda, Rubalcaba insistiou en que non se discutiron os tempos nos que o PSdeG fará a súa reflexión tras os malos resultados das eleccións autonómicas galegas. "A decisión é deles", dixo en alusión a Pachi López e Pachi Vázqeuz.

Na Executiva, ambos os dous realizaron longas intervencións para analizar os seus respectivos resultados electorais. Sin embargo, ningún dos dous falou da situación futura das súas respectivas formacións. 

Tamén nesa xuntanza, Rubalcaba insistiu en que se sentiu "unanimemente apoiado" polos membros da Comisión Executiva Federal do PSOE e que ninguén na Executiva lle pediu que acelere a convocatoria de primarias para elixir ao próximo candidato socialista á Presidencia do Goberno. Así, insistiu en que serán "cando toque", e que iso é "unha decisión política que non ten nada que ver coa situación persoal duns ou doutros".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

4 eusi

Borrado po estaar tripigido

3 eusi

Eu coido aue a causa son os experimentos subatomicos a se estan a realizar en lugards desconhecidos e afectan diretemente ao raciociinio humano, sobre tldo dos politicos

2 eusi

Eu coido aue a causa son os experimentos subatomicos a se estan a realizar en lugards desconhecidos e afectan diretemente ao raciociinio humano, sobre tldo dos politicos

1 Un vello galeguista

O PSdeG cre que tanto en Galiza coma no Pais vasco debe ser visto coma opción de goberno. O que non entenden os socialistas é que seguramente son eles os que sobran tanto en Galiza, Euskadi ou Cataluña. Cando se independicen de Madrid, defendan a nosa identidade, a nosa cultura, etc. Se así o fixeran tal vez moitos galegos poderiamos pensar o noso voto; seguindo co teléfonoa conectado con Madrid non poden esperar máis do que conseguiron agora e no futuro. En Galiza xa temos partidos socialistas suficientes que adamias dixo son galegos. Copias non queremos, preferimos aos orixinais. O caso de EU incrustada aí con ANOV xa veremos en que remata o conto. De momento imos darlle o beneficio da dúbida. Xa se saba aquilo de "in dubio pro reo".