Denuncian a “ansia carroñeira” de El Corte Inglés por "facer caixa" a costa do coronavirus

CC.OO. critica que aumentara os seus horarios e abra en domingo a pesar da grave alerta sanitaria.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/03/2020 | Actualizada ás 23:00

Comparte esta noticia

"Non importa a saúde. Nestes momentos para El Corte Inglés prevalece a súa ansia carroñeira e o seu afán de usar esta epidemia para facer caixa e incrementar os seus beneficios”. É a denuncia que fai CC.OO. pola decisión deste gran centro comercial de non só non reducir o seu horario laboral a pesar da alerta sanitaria, se non de aumentalos e manter abertos domingos.

Edificio de El Corte Inglés na Coruña
Edificio de El Corte Inglés na Coruña | Fonte: CIG

Nun comunicado, este sindicato denuncia que ten o “visto e prace” da Xunta, grazas ao seu decreto de liberdade horaria, e di que é o único gran centro comercial, xunto cos supermercados do grupo Gadisa, que non reduciron os seus horarios. Por iso, remitiu xa un escrito ás direccións dos centros para que teñan en conta o estado de alarma e a situación sanitaria para preservar a saúde dos seus traballadores e usuarios.

“Desde CCOO queremos facer público que tomaremos todas as medidas necesarias para tentar evitar esta actitude de competencia desleal, outras empresas pensaron primeiro tanto no seu persoal como no risco para a saúde da sociedade. Na decisión de aumentar o tempo de apertura, El Corte Inglés queda só”, indica.

Neste sentido, pídelle aos consumidores que miren pola saúde e que reduzan os tempos de compra, evitando especialmente acudir a comprar en domingo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Pois que se anden con ollo os clientes... o sistema de aire acondicionado é un lugar fantástico para espallar virus !!!