Xa hai un cento de infectados en residencias de maiores de Galicia

O maior foco está na residencia DomusVi Barreiro de Vigo con 35 casos e logo a de Celanvoa, con 27.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2020 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

O número de casos positivos por coronavirus en residencias de maiores galegas ascendeu nas últimas horas ata os 97 casos, 76 usuarios destes centros e 21 traballadores dos mesmos.

Así o confirmou a Consellería de Política Social este mércores a Europa Press. O último dato sobre residencias anunciado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na pasada xornada cifraba en 57 os casos positivos de persoas maiores ou dependentes, con todo nas últimas horas sumáronse 20 máis a esta cifra.

O maior número de residentes infectados atópase na Domus V Barreiro de Vigo, con 30 casos positivos (12 máis que en onte); despois contabilizáronse 13 na residencia San Carlos de Celanova (Ourense); 13 na Domus V San Lázaro de Santiago (dous máis que onte); nove na Residencia O Portazgo da Coruña (un máis); catro na Domus V de Cangas (tres máis) e apareceu un novo caso no centro de Castro Caldelas (Ourense).

Noutras mantense o número de afectados da pasada xornada: tres na Fogar Bellolar da Coruña; dous na nosa Señora de Fátima no Barco (Ourense) e un na nosa Señora da Asunción en Caldas de Reis (Pontevedra). Por outra banda, tamén se contabilizaron os traballadores que prestan servizo nestas residencias e que padecen o virus. En total hai 21 empregados afectados, 14 deles na San Carlos de Celanova, 5 na Domus V Barreiro de Vigo, 1 na residencia A Esperanza San Rosendo (Ourense) e un da San Simón de Teo (A Coruña).

TRASLADO A RESIDENCIAS HABILITADAS

Para tentar frear os diferentes brotes nas residencias de maiores --colectivos vulnerables e de maior risco-- a Xunta decidiu habilitar e adecuar dous centros en Ourense e Santiago para trasladar aos afectados e que poidan ser atendidos alí, en lugar de illalos onde se atopaban a risco de seguir expandindo a epidemia.

Residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense -foco principal de contagios do Covid-19 ata agora na provincia galega- que está a ser desinfectada for efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). Rosa Veiga - Europa Press
Residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense -foco principal de contagios do Covid-19 ata agora na provincia galega- que está a ser desinfectada for efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta