O xornalismo non morre, mátano

Hai catro días, GC publicou “Xornalistas e Fuenteovejuna”, artigo de Manuel Pardo no que o seu autor fala dun fenómeno que está a medrar entre os profesionais da información: o aumento do número de xornalistas que cren estar ao marxe da realidade.

Por Félix Soria | A Coruña | 16/11/2012

Comparte esta noticia

O asunto é moi complexo. A realidade sempre é moi complexa, polo que Pardo acerta ao rematar á súa exposición con dous aspectos moi concretos que resumen unha das perversións que máis dano fan os asalariados das empresas propietarias de medios e tamén aos que mercan información: 

«os inxenuos que a estas alturas sigan crendo que son un caso “distinto” por traballar nun xornal, nunha radio, nunha televisión, web, etcétera que vaia poñendo os pes na terra…»
«Non quero rematar sen falar dun dos soportes dos xornalistas e aínda máis esquecidos que eles, os dos talleres, os técnicos, os informáticos, os de administración, etcétera. Non traballan con nós?, ¿non caeron nesta guerra igual que os xornalistas?...O dito; ou convertemos a profesión nunha Fuenteovejuna ou non teremos en este país profesión que defender».
 
Na mesma liña que Pardo, aínda que sen a súa capacidade de síntese, falarei tamén de xornalismo para engadir dez perversións que na miña opinión están a emporcallar a profesión e que, ao memso tempo, explican que os medios estén a perder atractivo como espello dos feitos e como transmisores de coñecementos e ideas; o que contribúe a que perdan credibilidade, mercado e se teñan agravado os efectos da crise económica no sector:
 
O poder de decisión nas redaccións está cada vez máis concentrado ao tempo que supeditado á contabilidade das empresas e, por riba, esa élite adoita posición a prol ou na contra de opcións partidarias ou ideolóxicas, o que reduce o campo de visión e tamén o número de persoas interesadas en ler o que difunden o medio;
 
A capacidade de narrar os feitos de xeito sinxelo e lóxico, así como os valores literarios, o léxico e a capacidade de expresión están infravalorados e ás veces, case que prohibidos e substituidos co argumento de que é mellor falar ou escribir como a xente “normal”… (¿?)
 
Os máximos responsables das redaccións (os que teñen a confiaza da empresa) cren ter o don de saber o que interesa os ouvintes, aos televidentes ou aos letores, o que reduce o abano de posibles clientes (esa actitude está relacionada cunha finalidade política e comercial: controlar todo o que se difunde).
 
A creazón de redaccións dixitais parece indicar que os medios convencionais asumiron o reto de internet; sen embargo, a solución para facer fronte a perda de clientes que provoca a Rede (fenómeno que aínda é baixo en España, máxime en Galicia) non só esixe ter edicións electrónicas e regalar a información (para qué mercar o xornal se o teño gratis en Internet?), senón que é preciso asumir que o futuro dos xornais pasa, entre outras cousas, por contextualizar os feitos e ofrecer análises dos mesmos ou aspectos non coñecidos, en vez de repetir o que os potenciais clientes xa escoitaron horas antes nas emisoras de radio e TV ou leron na web.
 
Coa finalidade de aproveitar a interactividade de Internet, hai empresas propietarias de medios que caeron na trampa de se converter en altofalantes ao servizo de calquer internauta (no caso da radio e a TV, do primeiro que pasaba por alí…), polo que difunden visións tan persoais como distorsionadas da realidade. Os medios están a esquecer que en xornalismo ver non é sinónimo de mirar, ouvir non é escoitar, e contar e interpretar feitos esixe facelo sen ter en conta as crenzas persois, nin os sentimentos e moito menos o propio interese ou os intereses doutros, dun partido ou dunha empresa (¡nin tampouco pode ser o eixo da información dunha traxedia os sentimentos dos afectados!)
 
A información política que ofrecen a maioría dos medios é un rosario de palabras entre comiñas, de xeito que eses medios están a converter ás declaracións dos dirixentes partidarios nuha “realidade”, como se fosen feitos ou obxectos tanxibles. Esas mensaxes, moitas veces retóricas e sen contido, son repetidas unha e outra vez nun proceso que converte as opinións, os proxectos e tamén as mentiras en “verdades”.
 
Cada vez son máis os xornalistas con poder nas redaccións que están a utilizar o medio para beneficio persoal ou ben para favorecer a familiares ou amigos (¡tamén aos amigos políticos!), mesmo relegando os intereses da empresa para a que traballan.
 
As empresas están a utilizar aos xornalistas para gañar publicidade, o que é lexítimo, pero a maioría do medios o fan sen ter elaborados ou sen aplicar procedimentos que adviertan ao letor, ouvinte ou televidente que está a ler, escoitar ou visionar información interesada ou publicidade. Co paso do tempo, quen merca información advirte o engano e o medio perde clientes.  
 
O dato polo dato está sobrevalorado, como se unha cifra poidera ter unha soa interpretación ou un só significado con independenza do escenario e dos protagonistas do asunto ou dos feitos.
 
A curiosidade (o desexo de aprender) perde seguidores nas redaccións ao tempo que aumenta o número de xornalistas funcionarios (hai empresas que prefiren este tipo de xornalistas). Como crear interese no receptor (no que merca o produto) cando o remitente (vendedor) da mesaxe non ofrece nada novo, útil ou singular?

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Félix Soria Félix Soria (Lugo, 1953) é xornalista e reside na Coruña desde o 2001. Estudou Filosofía e Letras e Dereito en Barcelona, onde viviu 28 anos, e tamén en Andalucia, Bélxica, Castela e Francia. Traballou ou colaborou con medios cataláns, andaluces, galegos e unha axencia francesa. Como xornalista, especializouse en información local, económica, xeopolítica e da Unión Europea, como correspondente en Bruxelas durante 6 anos. É o administrador do blogue http://im-pulso.blogspot.com.es/