Artigos de Félix Soria

“Hiro Hito” necesita estar fóra deste mundo

Núñez Feijoo emigrou a Madrid por segunda vez e se damos por acertadas as enquisas encargadas polos medios privados, o expresidente da Xunta será o vindeiro presidente de Goberno do Reino de España, polo que a pregunta é obrigada: como é posible que goce de tan bo cártel o responsable de que Galiza teña aumentado o número de persoas pobres e de ter triplicada a débeda pública da Administración autonómica? Esa boa fama a leste de Pedrafita é lóxica porque Núñez Feijoo mantén moi bo cartel na propia comunidade e os medios españois limítanse —polo xeral— a repetir a imaxe que proxectan a prensa, as emisoras de radio e a televisión galegas.

A que xogamos nos medios?

Ás veces, a hiperrealidade e as aparencias son tan atafegantes que un explota… O pasado martes ocorreu outra vez. Dun tempo acá, o cansanzo é case diario.

A hipocrisía dos máis beneficiados

Nada que reprochar ao medio que toma partido e recoñéceno. Os propietarios de diarios e emisoras dedícanse ao negocio de informar, entreter, difundir coñecementos, facer publicidade, etcétera e tamén poden promover a un partido político, defender a un goberno ou criticalo sen máis limitacións reais que as impostas pola lei.

Feijóo loita contra os espíritos aventureiros

Estes días os administradores dalgúns medios xa fan preparativos para estar á altura do reto lanzado polo Goberno galego, que ven de anunciar unha campaña contra os espíritos aventureiros que prexudican o prestixio e o futuro de Galicia.

A morte do aforro galego e a oposición “prudente”

En resposta á pergunta formulada pola deputada ourensá Laura Seara (PSdeG), o Goberno do PP ven de contar que o FROB (Banco de España) decidiu vender á présa e correndo Novagalicia Banco (NGB) porque a consultora estadounidense McKinsey e o banco xaponés Nomura advertiron ca entidade galega estaba a piques de sofrir unha forte depreciación. Seara cualifica a decisión de «escandalosa».

Cando morre unha lingua, morre un mundo

Veño de ler o conto da inmersión de nenos na língua de Shakerpeare. Non teño nada na contra de aprender idiomas, ao contrario. A vida ensinoume que coñecer idiomas sempre é bo e ás veces, necesario. Pero o empeño da Administración galega en somerxer a uns centos de nenos no inglés e a insistente publicidade que o Goberno e os medios “de orde” outorgan á iniciativa abunda na mensaxe de sempre. Non fai falla repetila. Entrementres e non por causalidade, o idioma galego está a piques de deslizarse por unha pendente rodeada de muros da que dificilmente poderá saír.

O Consello Europeo aposta pola caridade

Fixeron falla 26 horas de negociación para que o Consello Europeo aprobara as perspectivas financieras da Unión Europea (UE) para o período 2014-2020. O presidente da institución, Herman Van Rompuy, anunciou o acordo (só pendente de ser ratificado pola Eurocámara, o que xa está garantido polos grupos Popular e Liberal) é o calificou de “positivo”. O seu diagnóstico é lóxico. O que non é políticamente lóxico é que o Goberno de Rajoy xustifique o que en rigor prexudica a España e que, por riba, é outra renuncia ao equilibrio da economía europea e á construción da Europa que deseñaron os arquitectos dos anos cincoenta.

Falar de terrorismo para non falar da vida

Xa está ben de muñir a vaquiña do terrorismo! O PP presentou esta semana no Parlamento de Galicia unha proposta para facer outra condena institucional do terrorismo. Sexamos serios, cantos cidadáns coñece vostede, amable letor ou letora, que estén a defender o uso da violencia para defenderen a sú ideoloxía, a súa relixión ou os seus ideais políticos?
Félix Soria Félix Soria (Lugo, 1953) é xornalista e reside na Coruña desde o 2001. Estudou Filosofía e Letras e Dereito en Barcelona, onde viviu 28 anos, e tamén en Andalucia, Bélxica, Castela e Francia. Traballou ou colaborou con medios cataláns, andaluces, galegos e unha axencia francesa. Como xornalista, especializouse en información local, económica, xeopolítica e da Unión Europea, como correspondente en Bruxelas durante 6 anos. É o administrador do blogue http://im-pulso.blogspot.com.es/