O psicólogo Rafael Guerrero aborda a xestión das emocións nas crianzas a través de 'Afundación en casa'

A Obra Social de Abanca continúa tamén coa súa iniciativa de formación culinaria e nutricional para a rapazada da casa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/04/2020 | Actualizada ás 18:52

Comparte esta noticia

O psicólogo e profesor Rafael Guerrero dirixirá este mércores, día 8, entre as 12,00 e as 12,40 horas, unha sesión orientada a pais e docentes sobre a xestión das emocións nas crianzas, especialmente en momentos excepcionais como o actual.

'Claves para a xestión das emocións' é o título desta nova proposta da Obra Social de Abanca, enmarcada na iniciativa 'Afundación en casa' e no proxecto 'Educación século XXI'.

Licenciado en Psicoloxía Clínica e da Saúde pola Universidade Complutense de Madrid, Rafael Guerrero é tamén doutor en Ciencias da Educación e experto en trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH), trastornos da aprendizaxe e trastornos da conduta.

Por outra banda, 'Afundación en casa' continúa coa súa iniciativa de formación culinaria e nutricional para a rapazada da casa. En concreto, será a través de 'Talleres de cociña infantil' con Vanessa Sende, nos que se poderán aprender dúas receitas de sobremesas típicas de Semana Santa.

Unha crianza mirando pola ventá durante o confinamento.
Unha crianza mirando pola ventá durante o confinamento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta