La Voz de Galicia pídelle aos traballadores non cobrar unha paga a cambio de non ir ao ERTE

A empresa coruñesa asegura que se trata dunha paga de benficios. Este xornal é o máis subvencionado pola Xunta.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 15/04/2020 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

La Voz de Galicia pídelle aos seus traballadores que reenuncien ao a un salario para evitar ir a un ERTE.  Unha petición que entra dentro dun “plan de choque” para afrontar a crise do coronavirus e que podería non quedar exenta doutras medidas futuras. Dentro destas medidas, o medio tamén prescindiu dos colaboradores externos.

Sede de La Voz de Galicia en Sabón, A Coruña
Sede de La Voz de Galicia en Sabón, A Coruña | Fonte: lourdesvirtual.com

Así, o deu a coñecer o Comité Intercentros deste medio de comunicación tras manter na tarde do martes unha reunión telemática coa dirección da empresa. “Á parte doutras medidas a empresa propón aos seus traballadores renunciar á aplicación dun ERTE a cambio da paga de abril que, como sabedes, responde á maior parte da devolución da minoración salarial do 2019”, recolle o escrito que o comité lle remitiu ao conxunto dos traballadores.

A proposta supón a devolución en tres prazos (nóminas de abril, maio e xuño) da cantidade que se lle ingresou aos traballadores o 6 de abril. “Aos que quedaron exentos da minoración aplicaráselles unha rebaixa do 2 % até final de ano”, engade. 

A empresa puntualizou a Galicia Confidencial que non se trata dunha nómina mensual, senon que o que se devolve é unha "paga de beneficios". "O que se trata é de devolver unha paga de beneficios que xa se nos fixo en abril e que é casi o 60 por cento do total da paga de beneficios: o outro 40 derenolo en xaneiro. O mes de abril claro que se paga", indican.

O comité considera a proposta un “punto de partida nunha negociación que, necesariamente, deberá ser rápida”. Con todo, advirte que a formulación “é insuficiente” se non vai acompañada doutras contrapartidas xa que a empresa,di, “só se compromete a mellorar as porcentaxes de devolución da minoración actualmente en curso para a hipotética devolución do ano que vén”-

O órgano de representación dos traballadores anuncia que a proposta será estudada e consultada con asesores e que en vindeiros días fará unha cotraoferta. “O compromiso do comité, como é habitual, é que, sexa cal for o acordo que se adopte, deberá ser primeiro explicado (a través de asembleas telemáticas) e posteriormente ratificado polo persoal a través dunha votación”, engade o comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

5 Realpolitik

E nin cunha pandemia mundial istes mantidos da xuntabeo abren os contidos sobre o coronavirus na Galiza. A folla parroquial do pp e dos calumnistas españoleiros quere máis cartos públicos. Noxo.

1 Sanctius

Bueno, home! Na portada non, pero algo aparecerá por algunha páxina a medio camiño entre a arenga cuarteleira do Blanco Valdés e os anuncios de relax. En fin, todas novas sobre as dificultades que atravese ese medio noxento motivo de alegría.

4 caxancran

pero si lles paga coa miña pasta. e pagando a publicidade e propaganda do Partido Podre con cargo a Unta de Jalisia. que pechen o chiringo xa. que feden.

3 Gamela

Anticípase ao Goberno Central ? Aquí NON paga nin Dios ! Pero cobrar cobran tres veces ! https://i.gal/gamela22

2 patético

Así tamén monto eu unha empresa.... é insostible ata cos millons que lle enchufan dende Monte pío... manda carallo¡¡

1 Braisiño

Paga, que vén saíndo de diñeiro publico, que dona o noso Albertiño, por medio de Mar, e con cargo aos impostos de todos Nós. ¡Viva el vino!, que diría Rajoy.