Por José Luis Louzán | A Coruña | 27/11/2012 | Actualizada ás 16:00
O exDirector da Mariña Mercante, José Luis López-Sors, volveu comparecer este martes no xuízo pola catástrofe do Prestige, no que tivo que dar conta, novamente, pola súa xestión do accidente.
Así, a preguntas do avogado da Agrupación Arco Iris, nas que fixo referencia as medida adoitadas de cara a recoller o fuel, López-Sors sinalou “que sabíamos que debíamos recollelo no mar principalmente e impedir que chegara a terra”. “O Barco embarrancado tería sido tremendo, nas rochas, vertendo fuel case dosificadamente, durante anos, ocasionando graves danos á sociedade da zona”, suliñou no marco do seu relato sobre as accións contra a contaminación.
Sobre a actitude da empresa de salvamento, que dende o día 15 se encargaba do Prestige, López-Sors afirmou que esta "non actuou debidamente. Viría moi ben que tiveran actuado dende as 21 horas (do dia 13) cando foron autorizados”. “Nos, en ausencia de falar con eles (con Smit) decidimos un rumbo, porque non sabíamos a onde quería ir a empresa de rescate”.
As decisións
“Cando Smit non estaba para tomar decisións, tomámolas nós. Si a decisión tivera sido achegar o barco a costa, teriamos que asumir o risco de que se seguiran rompendo os cables de remolque que xa romeprarn unha ducia de veces. A nosa capacidade de reacción a esa distancia tería sido moi inferior”. O exDirector considera que a decisión, así, estaba clara. “O que fixemos foi tratar de conseguir un espazo de seguridade con rumbo sur-leste”, insistiu.
"Pensamos en introducir o barco nun porto-refuxio. O único viable era a Coruña pola refinería, e senón Ares, ou Ferrol por Reganosa. Pero os informes falaban de que era unha temeridade" dixo López-Sors. Sobre a posibilidade de introducilo en Corcubión tamén foi claro “Os ventos predominantes nesa ría son do sur-leste e terían comido ao barco en dous días””.
Rescatadora responsable
“O que Smit tiña que facer era buscar mares tranquilos. Non me consta que Smit falara coas autoridades Francesas e que estas lle proibiran coller rumbo norte. Pero ignoro si foi así. É posible que si, pero o ignoro” dixo o exDirector da Mariña Mercante que se ratificou en que “era a Smit a quen lle correspondía tomat o mando. Dende ese momento, nós só tiñamos que poñer medios para apoialos si era preciso” concluíu.
“Se trataba de defender as costas españolas” insiste López-Sors que en toda a súa declaración continuou defendendo o argumento do afastamento coma mellor decisión para as intereses do litoral galego. “O rumbo errático e o cambio de remolcadores , que produciu maiores vertidos, sucede baixo goberno de Smit”. “Ese rumbo produciuse despois do cambio de goberno entre a administración española e Smit. A administración, por lei, debe retirarse cando chega a empresa de salvamento.”
Negativas e conflitos coa propietaria
Xa a preguntas da avogada da propietaria MareShiping como acusación contra o exdirector da Mariña Mercante, a letrada María José Rodríguez preguntaba sobre o por que da negativa a que, xunto co técnico Serafín Díaz, que embarcou o día 14 as cinco da tarde, subiran tamén ao Helimer técnicos de Smit que tiñan solicitado facelo pero os que non se permitiu acceder o mercante.
Incluso ás nove e media daquela noite, abortouse unha segunda saída de técnicos da empresa de salvamento que querían acceder ao mesmo para facerse co control da situación “Non sei exactamente cal é a razón, pero eran horas de moito traballo, exceso de horas de voo para o Helimer e descoñezo o por que da negativa a transportar a eses técnicos o Prestige”.
Nembargantes diferentes conversas transcritas confirman que López-Sors era coñecedor desas negativas, aínda que el negou en todo momento “ter falado nin cos medios, nin co centro de coordinación de Finisterre nin cos remolcadores”
"Eu non estaba alí"
“Non é certo que vostedes negaron o acceso o barco a empresa de rescate ata que se asínase a orde de manter o mercante afastado mais de 120 millas da costa?” pregunta a letrada da armadora “O ignoro. Eu non estaba alí”. Nembargantes, a petición desta letrada, a sala coñeceu o documento que as autoridades españolas obrigaron a formar á empresa rescatadora, no que esta se comprometía a manter o buque a máis de 120 millas das augas xurisdicionais españolas.
"En todo momento o barco estaba verquendo, segundo as informacións que nos chegaban. O propio Serafín (Díaz) tiña coma cometido confirmar as informacions que iamos recibindo”, salientou para insistir na medida do afastamento do buque.
Sobre o plan de continxencia, López-Sors sinalou que "estaba totalmente virxe" e por iso é "lóxico" que existiran puntos discordantes na administración. Sobre a insistencia da avogada da propietaria en saber por que non se mantivo reunión técnica algunha previa ao día 19, o ex director da Mariña Mercante respondeu con; “non se nos ocorriu”.
Os técnicos que "pasaban por aí"
Na quenda final, o letrado encargado da defensa da mesma empresa propietaria, Santiago Zabaleta, preguntou a López-Sors, no marco dun tenso debate, por que o Goberno recurriu, coma fontes de información, a persoas, funcionarios e capitáns e técnicos "que parece que pasaban por aí”. “Pois así é”, recoñecía López-Sors. “Pasaban por alí e por iso recorrímos a eles, porque nos daban datos de primeira man”.
Sobre o afastamento; "se se trataba de afastar o buque a augas tranquilas, por que, entón, non se toma rumbo sur?”, preguntou o letrado. “Nun primeiro momento e sen remolque, a min me parecía máis interesante levar o barco cara o mar mellor que cara a costa. Iso din como filosofía, pero non existía remolque”, contestou López-Sors.
Dentro da dura conversa entre o avogado da defensa da propietaria o letrado chegou a cuestionarse si “non estaba --López-Sors-- prefabricando un desastre” á vista dalgunha das decisións que tomou aqueles días sobre as medidas para evitar a contaminación “Non, non era así” respostou o acusado.
"Coordinadas mentais"
"As súas decisións foron tomadas sen ter en conta criterio técnico algún, e desoíndo os seus subordinados, que non estaban para nada de acordo co seu criterio”, insistiu o avogado. Por eso, López-Sors defendeuse afirmando que “había liberdade de opinión”. “O que eu lle digo é que esta vostede utilizando varias conversas
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.