Polémica ante a posibilidade de que a "Xunta" faga "trampa" cos datos de contaxiados e ingresos en UCI

Nun día pasouse de case 6.000 contaxiados, a 3.500. Feijóo aclara que a Xunta non ten outro "interese" máis que "dar os datos máis fidedignos posibles". Galicia en Común acusou a Xunta de non dar información fiable.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2020 | Actualizada ás 16:36

Comparte esta noticia

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, xustificou este mércores o cambio no sistema de reconto dos contaxiados.  Preguntado en rolda de prensa telemática achega do cambio na metodoloxía de información de Sanidade, explicou que este departamento leva "tempo" tentando "concretar" que número de persoas diagnosticadas de COVID-19 en domicilio "xa estaban de alta". Un cambio de sistema que tarda case dous meses do inicio da crise do coronavirus.

Evolución dos casos de coronavirus en Galicia ata o 29 de abril.. EPDATA
Evolución dos casos de coronavirus en Galicia ata o 29 de abril.. EPDATA | Fonte: Europa Press

Este martes, a Xunta informaba de que o número de casos activos de COVID-19 en Galicia era de 3.526 casos activos e os pacientes curados ascenden a 5.393, mentes que un día anterior eran 6.947 infectados, mentres que as altas de pacientes eran de 1.841.

"Isto levounos a revisar a historia clínica de case 5.000 persoas e onte (martes), por fin, finalizamos a revisión desas historias, polo que hoxe demos con exactitude a cifra. Tentamos facelo antes, pero non foi fácil revisar todas esas historias clínicas de diagnosticados con COVID en domicilio. Pois moitísimos deles, máis de 2.500, eran persoas que xa pasaron a corentena e estaban de alta", explicou. Dito isto, o mandatario autonómico reafirmouse en que a Xunta de Galicia non ten outro "interese" máis que "dar os datos máis fidedignos posibles".

TRANSPARENCIA CO MINISTERIO

Preguntado acerca de por que Galicia é a única Comunidade que non enviaba os datos diarios de ingresos en hospitais e os datos acumulados de ingresos en UCI ao Ministerio de Sanidade, tal e como publicou Galicia Confidencial, o presidente asegurou "non entender" a pregunta. Manifestou que o departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña remite "todas as noites" a información que demanda o Ministerio.

Con todo, isto non coincide coa documentación remitida polo MInisterio de Sanidade e confirmada pola propia consellería de Sanidade a este medio. "Outra cousa son os datos que faga públicos o Ministerio de acordo coa súa metodoloxía e sistemática", advertiu o presidente galego, quen defendeu a transparencia da Xunta, que informou "desde o primeiro día" dos falecidos en residencias, aínda que inicialmente o Goberno non obrigaba a iso.

Nesta conxuntura, volveu a criticar que o Goberno non informe oficialmente dos datos de mortos en centros xeriátricos por comunidades. "Non entendemos esa falta de respecto polos falecidos, as súas familias e o persoal e usuarios das residencias", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ana

Rinse de todos nos e o peor e que a xente segue a aplaudir dende os balcons e acepta calquer recorte de liberdades e a ruina economía que traen as medidas da chamada "nova normalidade". Queremos probas de que existe a pandemia, saber si se fixeron autopsias e se os test son 100% fiables e tamen queremos que se debata sobre o 5G e as suas consecuencias. E por suposto que se de voz nos medios aos contrarios as vacunas.