Na Galicia ven de ser atopado outro “petroglifo” de alto valor histórico

Hai moito tempo que non tiña acceso a un documento histórico da relevancia do que veñen de difundir GC e outros medios galegos: As declaracións da señora Amalia, a muller residente en Ferrol que chamou á Radio Galega e amenazou ao xornalista con reclamar ao presidente da Xunta que poña límites ao uso do galego na Radio Galega.

Por Félix Soria | A Coruña | 23/12/2012

Comparte esta noticia
É moi probable que vostedes, como eu, despois de ler ou escoitar a conversa que mantiveron a señora Amalia e o xornalista Alberto Freire pensaran ter lido ou escoitado unha cousa extraordinaria, excepcional, mesmo increíble… Será unha broma do condutor do programa “Pensando en ti”?
 
Perón, supoño que como todo o mundo, despois de comprobar que estaba esperto, decidín utilizar o cerebro (servizo que aínda é gratuíto) é comprobei que non é un caso excepcional. Lembro conversas mantidas con algunhas das persoas que tratei ou trato na cidade onde resido, A Coruña, e noutras localidades galegas e, con tristura, recoñezo que escoitei moitas veces, demasiadas!, afirmacións semellantes ás da señora Amalia.
 
(Permítanme una paréntese: urxe enviar copias do audio ás facultades de Historia, Socioloxía e Política das universidades galegas. E tamén ás estranxeiras!, pois o valor dese documento medrará co tempo e ao paso de catro ou cinco xeracións os científicos poderán utilizar a testemuña da señora Amalia para explicar unha das causas de que só queden uns centos de persoas que falan galego nalgunhas comarcas que, por riba, case que están despoboadas, O Courel, Ortegal, Terra Cha e A Limia, entre outras).
 
Mais a señora Amalia non só deixou probas irrefutables dun grande desprezo pola cultura e da agresividade do ultranacionalismo español, senón que tamén “certificou” que un sector da sociedade galega (ela é veciña do país) ten a convición de que para ser un respetable cidadán do Estado español é preciso falar castelán.
 
O valor do documento é aínda maior se temos en conta que a señora Amalia tamén bota luz no eido da ideoloxía: “Yo no soy de izquierdas, por supuesto, soy española y me gusta hablar en español…” É decir, para ser un bo cidadán do Estado español é preciso falar en castelán e tamén ser de dereitas.
 
Por último, non quero cansar aos letores cas miñas lucubracións, compre engadir que, ao marxe de que a Real Academia Española (RAE) renunciara aos criterios lingüísticos (científicos) que xustifican a súa existencia, o idioma español non existe, senón que esa denominaicón oficializada pola RAE é de orixe estrictamente política. O idioma ao que se refire a señora Amalia chámase castelán, que a lingua franca do territorio que abrague o Estado español e das ex-colonias do finiquitado imperio (en Canadá fálase o inglés, non o canadiano e na illa de Mauricio, Estado soberano, no se fala o mauriciano, senón o francés; etcétera e etcétera).
 
E insisto, o audio non só é unha proba socio-política das perversións que sufre a cultura e por extensión, Galicia, senón que por riba ten valor historiográfico e convén darlle merecido trato e conservación (mellor ca do Códice, por favor).
 
Confío que o presidente da Xunta dea resposta axeitada á señora Amalia e que Alberto Freire, o interlocutor da españoleira, non sufra represalias polo seu rigor xornalístico e profesional paciencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Félix Soria Félix Soria (Lugo, 1953) é xornalista e reside na Coruña desde o 2001. Estudou Filosofía e Letras e Dereito en Barcelona, onde viviu 28 anos, e tamén en Andalucia, Bélxica, Castela e Francia. Traballou ou colaborou con medios cataláns, andaluces, galegos e unha axencia francesa. Como xornalista, especializouse en información local, económica, xeopolítica e da Unión Europea, como correspondente en Bruxelas durante 6 anos. É o administrador do blogue http://im-pulso.blogspot.com.es/