Entrégase o home atrincheirado desde a noite do domingo na súa vivenda de Vilagarcía

O luns foron despregados membros dos Grupos Operativos Especiais de Seguridade (GOES) da Policía Nacional.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2020 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

O home duns 44 anos de idade atrincheirado cunha escopeta desde a noite deste pasado domingo na vivenda na que reside en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) tras unha discusión familiar entregouse á Policía Nacional.

Ás 9,30 horas deste martes, como acordara co seu avogado na noite do luns, saíu da vivenda, montouse no vehículo do letrado e, escoltado por dúas patrullas policiais, dirixiuse á Comisaría da Policía Nacional de Vilagarcía para entregarse.

Fontes consultadas por Europa Press explicaron que o home, con antecedentes, atrincheirouse o domingo tras recibir unha notificación policial despois de ser denunciado pola súa exparella por un altercado co seu fillo, que fuxiu da vivenda do seu proxenitor á dos seus avós --situada na planta baixa--.

Na mañá do luns á vivenda na que reside este individuo, na planta superior, mentres que os seus pais viven na baixa, desprazouse un avogado que tratou de convencer ao home para que depuxese a súa actitude, pero sen éxito, ata que pola noite logrou que aceptase entregarse na mañá deste martes.

FEITOS

Os feitos comezaron na noite deste domingo nunha vivenda unifamiliar de dúas plantas situada no lugar de Outeiro na parroquia de Cea, onde o home reside na planta superior e os seus pais na baixa.

Despois de manter unha discusión familiar e recibir unha denuncia polo sucedido, o home atrincheirouse na noite do domingo só na vivenda cunha escopeta. Ao lugar acudiron efectivos dos Grupos Operativos Especiais de Seguridade (GOES) da Policía Nacional, ademais de patrullas do mesmo corpo da zona e un negociador.

O home ten antecedentes por altercados anteriores, aseguraron fontes policiais, que ratificaron que este incidente se desencadeou por unha discusión familiar, tras a que dixo que non saía da vivenda.

Vivenda en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) na que se atrincheirou un home cunha escopeta.
Vivenda en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) na que se atrincheirou un home cunha escopeta. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta