A Xunta cortará case 6.000 árbores do Monte Pindo para "evitar incendios"

É unha das medidas do novo plan de actuacións de prevención de incendios da Consellería do Medio Rural que tamén prevé queimar no distrito forestal V de Fisterra case 400 hectáreas.

Por Galicia Confidencial | Carnota | 21/05/2020 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural pon en marcha este ano plans piloto en catro dos 19 distritos forestais existentes co fin de impulsar tarefas de prevención que se centren en zonas de especial abandono e afectación por incendios. E un deste plan piloto será no distrito forestal de Fisterra.

Exemplares de Quercus lusitanica (carballo anano) que resistiron o lume no Monte Pindo
Exemplares de Quercus lusitanica (carballo anano) que resistiron o lume no Monte Pindo | Fonte: Asociación Monte Pindo Parque Natural.

Neste caso, haberá actuacións nos municipios de Camariñas, Vimianzo, Mazaricos, Carnota e Muros. Entre outras tarefas, faranse 26 queimas controladas nunha superficie de 375 hectáreas e actuarase, principalmente, no Monte Pindo. Precisamente desde hai anos entidades sociais, ecoloxistas e o concello de Carnota veñen pedindo a declaración desta zona como parque natural.

Así, un dos traballos que se priorizará nesta parroquia. A memoria de tarefas reflicte que se debe á "existencia de grandes lumes forestais no pasado e na inexistencia de infraestruturas de prevención que permitan levar a cabo un ataque ao lume". Para iso, proponse cortar 4.900 árbores, o tronzado de fustes de máis de 2.000 metros cúbicos e a recollida de residuos.

Este plan da Xunta prevé cortar 100 quilómetros de franxas de camiños e estradas nas catro provincias e queimar "preventivamente" case 630 hectáreas en toda Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Jats

Tanta razón levas, María

1 María Rosa Leiro Chazo

E non era mellor meter cabuxas no monte para que coman o mato que é o que provoca os incendios e tamén ordear que os donos das toxeiras, monte e fragas teñan limpos de matorral as súas propiedades. Así a cantidade de árbores a cortar sería mínima. Facer os cortalumes donde non haxa paréceme ben, pero é unha medida que fica coxa sen a limpa do matorral. Tamén contratar garda bosques. E investir en parques de bombeiros.