As prácticas do PP na emigración: "Na época de Fraga pagaban 50 dólares e todos votaba polo PP"

O líder do PSdG xa lle pregunta a Feijóo que opina do que dixo un músico galego-arxentino na Radio Galega.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 30/05/2020 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

O músico J.C. Cambas lembrou unha curiosa anécdota que aconteceu nunha visita de Fraga a Arxentina nunha entrevista na Radio Galega que se pode escoitar aquí. "Fue una vez Fraga y había llevado como 400 kg de pulpo... y te pagaban 50 dólares por ir a votar y entonces solo fuimos a votar a Fraga... La verdad que pasaban cosas muy raras”.

Alberto Núñez Feijóo saluda a Manuel Fraga
Alberto Núñez Feijóo saluda a Manuel Fraga

Ademais, Cambas lembra que votou sen saber a quen votaba e que na Arxentina había moitos votantes, "máis que os de Lugo e Ourense xuntos".

A afirmación deste músico non pasou desapercibida por traballadores da Radio Galega e tamén polo secretario Xeral do PSdeG que xa lanzou un Tuit no que pregunta : “E Feijóo que di disto?”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Tino

Vai a "xustiza" tomar medidas ? vai a policia, garda civil, facer informes ? Van quitarlle as eleccións ó pp por delito electoral ? Vai pasar algo ? Ou manipular unhas eleccións non é suficientemente grave sempre que sexa a favor do pp ?