Feridos un operario en Narón ao caer nunha obra e outro nas Somozas atrapado nunha máquina

Ambos foron trasladados ao hospital.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 01/06/2020 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

Un home que traballaba nunha obra en Narón resultou ferido despois de caer dunha altura duns tres metros. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, foi necesaria a intervención dos bombeiros da localidade, que colaboraron no traslado do operario á ambulancia.

Os feitos sucederon na rúa A Guarda, ao fío das 11,45 horas. Nese momento, un particular alertou ao 112 Galicia do ocorrido. Acto seguido, o servizo de emerxencias puxo tamén a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Nacional, da Policía Local e de Protección Civil.

Finalmente, o traballador ferido foi trasladado a un centro hospitalario.

OPERARIO ATRAPADO NAS SOMOZAS

Tamén esta tarde, sobre as 17,30 horas, o 112 Galicia recibía a chamada dun particular que informaba doutro operario ferido en Seixas, no concello coruñés das Somozas.

O accidente ocorreu no mesmo recinto da empresa para a que traballa o home. Segundo informou o alertante, o traballador sufriu unha caída coa máquina que conducía e quedou atrapado no seu interior.

Ata o lugar desprazáronse ademais dos profesionais sanitarios, os Bombeiros do Eume, que excarceraron ao traballador ferido. Unha vez liberado, foi trasladado en ambulancia ata o centro hospitalario de referencia.

A Garda Civil e os membros do GES de Ortigueira tamén foron informados do suceso polo 112 Galicia.

Traballadores de ambulancias do 061
Traballadores de ambulancias do 061 | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta