Feijóo prevé permitir a total mobilidade o luns, pero di descoñecer cales son as súas competencias na fase 3

O presidente da Xunta esixe ao Goberno central coñecer "que competencias terán os presidentes autonómicos" durante a última etapa da desescalada.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/06/2020 | Actualizada ás 16:01

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, prevé a apertura da mobilidade polas catro provincias galegas a partir deste luns, día en que toda Galicia pasa á fase 3. No entanto, dixo que aínda hai unha "gran confusión" respecto diso, polo que esixiu ao Goberno central coñecer "que competencias terán os presidentes autonómicos" durante a última etapa da desescalada.

Feijóo recoñeceu que "non sabe" se os presidentes das comunidades poden ser "autónomos" para tomar esa decisión ou se "hai que solicitalo" ao Ministerio de Sanidade.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na duodécima videoconferencia de líderes autonómicos co presidente do Goberno, Pedro Sánchez.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na duodécima videoconferencia de líderes autonómicos co presidente do Goberno, Pedro Sánchez.. XUNTA | Fonte: Europa Press

"Expomos algo fundamental, que é saber cales son as competencias da Xunta en fase 3, porque non as coñecemos. Coméntase que o Goberno vai aprobar normas para concretar cales son as competencias dos presidentes autonómicos", engadiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ana

Despertemos xa!. Nos con "estado de alarma", con bozal, distanciamento social e ruina económica e mentras na terra da sede da OMS (Suiza) non pasa nada e están todos tan felices. ¿No o credes?. Buscade en youtube o video co titulo seguinte: "Ginebra sede de la OMS. Sin mascarillas sin virus" e logo mirade o video co titulo seguinte: "La verdad del bicho que nunca existio"