O Goberno devolve a pelota a Feijóo e recórdalle que a xestión da desescalada corresponde ás comunidades

O delegado do Goberno espera que a Xunta "tome as decisións" para volver á normalidade "en perfectas condicións".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2020 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

Tres días despois de que o Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo insistira en pedir "máis aclaracións" ó goberno central, Madrid responde a través do delegado do Goberno, Javier Losada, que espera que a Xunta "tome as decisións que sigan levando a cabo esta desescalada en perfectas condicións".

A preguntas da prensa este mércores, sinala que se entra na fase final na que as comunidades se fan cargo da xestión, polo que o Goberno galego "ten que seguir dando normas respecto do que ten que facer a poboación".

O delegado do Goberno, Javier Losada, intervén ante a prensa en Santiago de Compostela. DELEGACIÓN DO GOBERNO - Arquivo
O delegado do Goberno, Javier Losada, intervén ante a prensa en Santiago de Compostela. DELEGACIÓN DO GOBERNO - Arquivo | Fonte: Europa Press

"SEGUIR COA TENSIÓN"

De cara á poboación, o Delegado incidiu na necesidade de non baixar a garda e "seguir coa tensión" durante a desescalada para "non tirar pola borda o feito" durante esta "primeira fase" na que a sociedade "venceu" ao coronoavirus.

Por iso, manda un aviso para que a poboación non se relaxe, manteña as distancias, use máscaras e siga medidas de hixiene. Por exemplo, defende que as terrazas non son "unha illa" na que "un pode estar sen máscara".

De tal forma, apela á "responsabilidade" e "prudencia" á cidadanía tras seguir o confinamento "de forma exemplar".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta