Un tractor sen freos e sen conductor espétase nunha casa en Maside

Causou danos estruturais á vivenda que tivo que ser apontoada.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 16/06/2020 | Actualizada ás 10:48

Comparte esta noticia

Un tractor sen freos e sen condutor encaixouse contra unha casa sen xente e causou "importantes danos estruturais" na fachada no municipio ourensán de Maside. Un fallo técnico do sistema de freos apúntase como posible causa do choque.

Así o explicou a persoa que, despois das 19,00 horas deste luns, chamou ao 112 Galicia desde a parroquia de Garabás, en Maside, "alarmada polos danos ocasionados na estrutura da vivenda que estaba baleira no momento de producirse o accidente", relataron por parte do servizo de emerxencias.

Tras a alerta, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a colaboración dos Bombeiros do Carballiño, que procederon a apontoar a fachada da casa "para evitar máis riscos", indicou o 112.

Ademais, interviñeron axentes da Garda Civil de Tráfico, pois a situación na que quedou o tractor impedía a normal circulación dos vehículos que se desprazaban entre Maside e Cea. En canto ao tractor, destinado ao aproveitamento forestal, estaba sen condutor, e posiblemente sen freos, o que provocou o impacto contra a vivenda, apuntou o 112.

Un tractor madeireiro sen condutor choca contra unha casa en Maside (Ourense) por un fallo nos freos.. GARDA CIVIL
Un tractor madeireiro sen condutor choca contra unha casa en Maside (Ourense) por un fallo nos freos.. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta