Feijóo di que foi a Xunta a que controlou a pandemia, pero segue pedindo protocolos ao Goberno central

Agora pídelle un "plan serio" ante a reapertura de fronteiras. Acusa ao Goberno de Pedro Sánchez de querer facer "inviables" as empresas electrointensivas.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 24/06/2020 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reprochou ao Goberno a falta dun "plan serio" ante a reapertura das fronteiras para controlar as entradas e saídas en aeroportos ou en estacións, á vez que denunciou a ausencia dunha lei "para impedir a mobilidade" en caso de "rebrotes profundos" pola COVID-19.

"Neste momento España non ten unha lei para poder impedir a mobilidade no caso de rebrotes profundos en comarcas, provincias ou comunidades", expuxo durante a súa partipación no ciclo 'Respostas' co candidato a lehendakari da coalición PP+Cs, Carlos Iturgaiz, retransmitido por Youtube.

Ao fío diso, incidiu en que desde Galicia se propuxo desde o mes de maio "que se modifique a Lei Orgánica de Saúde Pública", mentres que recriminou tamén ao Executivo que nestes momentos non haxa "nin un plan de rebrote asinado" entre os conselleiros de comunidades e o Ministerio de Sanidade.

"Lamentablemente non foi esta unha gran acción do Goberno", engadiu sobre a xestión da crise sanitaria. E é, aínda que admitiu que o Executivo central non o tiña "fácil", defendeu que foron "máis útiles" as comunidades autónomas "que ese denominado mando único". "A xestión do día a día levámola as comunidades", argumentou.

Por outra banda, considerou "evidente" que o sistema de alerta epidemiolóxica "non funcionou ou non lle fixeron caso". Fronte a iso defendeu a súa xestión ante a crise sanitaria. Neste sentido, subliñou "a decisión de coordinar os departamentos de servizos sociais e sanidade o 27 de febreiro", ao que sumou a compra de respiradores e os contratos sanitarios.

"Se España actuase 15 días antes, probablemente non estariamos ante os 40.000 falecidos que lamentablemente imos ter que recoñecer", manifestou estimando que a cifra será maior á publicada.

Feijóo no Consello da Xunta.. ANA VARELA
Feijóo no Consello da Xunta.. ANA VARELA | Fonte: XUNTA

ACUSACIÓNS DE FACER INVIABLE AS ELECTROINTENSIVAS

O presidente da Xunta e candidato á reelección, Alberto Núñez Feijóo, argumentou que a "formulación ideolóxica" do Goberno é "facer inviable" as empresas electrointensivas.

Así o expuxo durante o seu partipación no ciclo 'Respostas' co candidato a lehendakari da coalición PP+Cs, Carlos Iturgaiz, retransmitido por Youtube.

Nunha conversación na que ambos abordaron a súa visión sobre a xestión económica e en materia de emprego do Goberno, Feijóo considerou que o Goberno non está a ser "sensible" co sector económico.

Como exemplo citou a industria electrointensiva. "Podía aproveitar para activar unha solución como unha tarifa eléctrica competitiva, pero non o fixo".

"A formulación ideolóxica pasa por facer inviables todas as compañías electrointensivas", dixo en relación á situación de Alcoa ou as antigas plantas desta compañía en Galicia e Asturias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta