Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 02/07/2020 | Actualizada ás 19:42
Fernando Molina, un dos grandes pioneiros da investigación forestal en Galicia e presidente de honra da Asociación Forestal de Galicia, finou este mércores ós 102 anos, logo de toda unha vida adicada ó monte, a súa gran paixón.
A Asociación Forestal de Galicia (AFG) lamenta a perda de Molina que foi presidente desta entidade entre 1986 e o ano 2000. "O seu pasamento representa unha gran perda para o mundo forestal galego, pois a parte de que foi un dos pioneiros da investigación forestal en Galicia, era unha persoa apreciada e querida no sector", apunta a entidade nun comunicado.
Nado en Pravia (Asturias) no 1918, Molina chegou a Galicia no 1947, ano no que comezou a traballar no que é hoxe o Centro de Investigación Forestal de Lourizán. Desde 1959 a 1985 dirixiu ininterrumpidamente o Centro, mantendo unha actividade moi prolífica como investigador. Destacan en especial as súas contribucións á mellora xenética do piñeiro do país (‘Pinus pinaster’) e do castiñeiro.
Trala súa xubilación como funcionario público, Fernando Molina implicouse na posta en marcha da Asociación Forestal de Galicia. Durante o seu periplo profesional, no ano 1989, foi elixido como presidente do consello de membros da Unión de Silvicultores do Sur de Europa (USSE).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.