Científicos elaboran un catálogo con directrices para evitar desastres por residuos mineiros

ContraMINAcción pide ás administracións que asuman as directrices elaboradas por científicos e ONGs internacionais.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/07/2020 | Actualizada ás 09:25

Comparte esta noticia

ContraMINAcción presentou este xoves 2 de xullo un documento onde se enumeran unha serie de posibles vías de actuación en relación ao almacenamento de residuos mineiros. O obxectivo é que tanto comunidades veciñas ás minas, como traballadores e o medioambiente, estean protexidos ante os posibles perigos da almacenaxe de refugallos e outros materiais descartados da actividade mineira.

Balsa mineira de Bama
Balsa mineira de Bama | Fonte: Aldea Viva

A iniciativa xorde das denuncias sobre os “fallos críticos” das políticas de almacenamento para os refugallos mineiros, pois ditos fallos se están producindo “con máis frecuencia e con consecuencias máis graves”. Entre os exemplos destas malas prácticas mencionan as verteduras de Monte Neme en 2014 e as de Touro que veñen sucedendo desde os anos oitenta.

As directrices buscan tolerancia cero coas fatalidades humanas e para iso demandan políticas de dano cero tanto para persoas como medioambiente. Así, para evitar a xeración de refugallos ou “pasivos ambientais” é urxente reducir a “demanda global de materias primas primarias a través dunha verdadeira economía circular”.

Piden que as instalacións de residuos mineiros só se deben construír e xestionar co consentimento previo das comunidades locais. Tamén deben adoptar as mellores prácticas e tecnoloxías dispoñibles e respectando os dereitos humanos, “incluíndo o dereito á vida e ao ambiente”.

Así mesmo as normas internacionais de seguranza deben ser independentes do control empresarial e establecerse implicando as comunidades locais, sociedade civil, traballadores mineiros e a comunidade científica. Por último, estas normativas deben garantir mecanismos financeiros para evitar que as comunidades locais, organizacións ecoloxistas e os traballadores poidan avisar sobre riscos ambientais sen sufrir represalias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 miñoca

Deduzo que ContraMINAcción elaborou un documento o 2 de xullo (Onde se pode atopar??) e xa postos a ser curiosos, podense adiantar nomes de cientificios que van elaborar o Catálogo