Reaccións rebrote: A oposición pide "priorizar a saúde" e o BNG suspender as eleccións na Mariña

O PSdeG cre que o brote da Mariña, que ficará pechada desde a medianoite, "se lle foi das mans" á Xunta. Tanto esta formación como a Marea Galeguista piden convocar de forma "inmediata" ás forzas políticas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2020 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

O BNG reuniu de urxencia á súa Executiva nacional este domingo e pediu a suspensión das eleccións na comarca, para a que a Xunta anunciou un peche polo brote de COVID-19, que entra en vigor ás 00,00 horas do luns e terminará o venres.

A formación propón esta medida ante a "dimensión" do rebrote, que afecta a un centenar de persoas (106 deron positivo ata agora e sete delas curáronse xa) e que provoca o confinamento de máis de 600, e "nun contexto no que falta un protocolo" por parte da Xunta. "A día de hoxe, Galicia segue sen ter un protocolo de actuación para afrontar un rebrote", insistiu.

A "única prioridade", manifestou o BNG, ten que ser "a saúde das persoas, atallar o rebrote e minimizar as súas consecuencias". Non se pode someter aos veciños da comarca ao "dilema de escoller entre a preservación da súa saúde" e o dereito ao voto, sinalou e reivindicou que os cidadáns "teñen dereito a exercer o voto coas máximas garantías de seguridade sanitaria".

Cando o brote estea "controlado e superado" será momento de "buscar a fórmula máis adecuada" para que os veciños dos 14 municipios afectados poidan exercer o seu dereito ao voto "con todas as garantías tanto democráticas como sanitarias", defendeu.

A formación que lidera Ana Pontón acusa o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de actuar con "improvisación e irresponsabilidade" desde que comezou o rebrote, "primeiro tentando minimizar o problema e despois tratando de eludir a súa responsabilidade nos concellos".

A candidata do Bloque Nacionalista Galego (BNG) á Xunta de Galicia, Ana Pontón, no Parlamento galego durante unha entrevista para Europa Press, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España), a 22 de xuño de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press
A candidata do Bloque Nacionalista Galego (BNG) á Xunta de Galicia, Ana Pontón, no Parlamento galego durante unha entrevista para Europa Press, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España), a 22 de xuño de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press

En palabras da portavoza nacional do Bloque, non se pode "pór aos veciños e veciñas ante o dilema de ter que escoller entre a súa saúde ou o seu dereito ao voto". Por isto mesmo, "o sensato e o prudente sería que se cancelen as eleccións na Mariña ata que se supere o rebrote", aínda que non se aventurou a propor unha data alternativa: "Cando a pandemia estea controlada".

GONZALO CABALLERO

O candidato socialista á Presidencia da Xunta e secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou o titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, a convocar este luns os principais partidos políticos para abordar o rebrote da Mariña. "A saúde é a prioridade por encima de calquera tipo de elección", manifestou durante un mitin no Carballiño xunto ao ministro do Interior, Fernando Grande Marlaska, e no que mostrou a súa preocupación pola situación dos 70.000 galegos desta comarca de Lugo.

Na súa intervención e despois de falar por teléfono co presidente da Xunta, Gonzalo Caballero considerou que, nunha situación na que xa hai máis de 100 contaxios, e unhas 1.000 persoas están confinadas, Feijóo debe "garantir" a saúde por encima de todo e debe "comparecer".

"Actuaremos con responsabilidade e non faremos anuncios gratuítos ata que teñamos toda a información", sostivo o socialista, que considerou que o peche desta zona durante cinco días "non ten nin criterio sanitario nin epidemiolóxico". "Sabemos que o virus necesita dunha contorna de entre 10 e 15 días para testar onde están os contaxios", sinalou.

O candidato, que considerou que o rebrote "se lle foi das mans" á Xunta, destacou a "posición de país" do PSdeG, formación que, segundo indicou, está "preparada" para loitar contra a crise sanitaria e calquera tipo de brote. "Temos aos mellores profesionais para poder facelo a partir do domingo", subliñou. Ademais, volveu a criticar que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, decidise de forma "unilateral" convocar as eleccións para o mes de xullo.

Perante a situación, o comité de campaña do Partido Socialista suspendeu os mitins na provincia de Lugo. O PSdeG sinala que a actividade se limitará a paseos e comparecencias no territorio.

MAREA GALEGUISTA

O candidato de Marea Galeguista, Pancho Casal, esixe ao presidente da Xunta, Alberto Núñex Feijóo, que convoque "de forma inmediata" o resto de forzas políticas para tratar o rebrote. Durante unha visita este domingo a Padrón, Casal solicitou ao presidente galego "o protocolo para frear o rebrote", posto que di non coñecer nin este plan, "nin cantas PCR están a facerse, nin canta xente está confinada".

Maréaa Galeguista presentará este luns á primeira hora un escrito ante a Xunta Electoral Central para pedir "todas as medidas" posibles para que a comarca da Mariña poida votar con "seguridade e garantías". Pancho Casal considera "inadmisible" que o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, afirmase este domingo que o centenar de persoas que deron positivo no rebrote non poden ir votar: "É inconcibible que a Xunta acabe de anunciar unha vulneración do dereito ao sufraxio".

O candidato insiste en que se a Xunta "non pode garantir a saúde pública e a seguridade dos cidadáns, así como o pleno dereito ao exercicio do sufraxio, tamén dos positivos en COVID-19, deben aprazarse as eleccións".

GÓMEZ-REINO

O candidato de Galicia En Común-Anova Mareas á Presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino, demandou á Xunta e o seu titular, Alberto Núñez Feijóo, que "aplique as medidas necesarias para manter as garantías sanitarias e democráticas" na comarca da Mariña. Tras enviar o apoio da candidatura de esquerdas aos veciños da comarca do norte da provincia de Lugo, a cabeza de lista da alianza esixiu ao presidente galego que "nos sete días que quedan" á fronte da Xunta ofreza "información transparente" do que ocorre na Mariña.

CIUDADANOS

A candidata de Ciudadanos nos comicios autonómicos do 12 de xullo, Beatriz Pino, apelou a "aparcar o electoralismo" ante o avance do rebrote e dixo que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "terá o apoio" do seu partido se ten que "aumentar as medidas" para frear o coronavirus.

A través da súa conta de Twitter, a tamén portavoz de Cs en Galicia confirmou que falou coas autoridades sanitarias galegas para abordar a situación nesta comarca lucense. Así, Pino dixo nun tuit que "toca ser responsables e pensar só na saúde dos galegos", a pesar de que o vindeiro domingo se abrirán as urnas das autonómicas. "Todos os partidos deben aparcar o electoralismo", engadiu respecto diso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

5 nostrus

La pandemia nacionalista es mucho peor que cualquier otra. Produce alucinaciones, mania persecutoria, diarrea mental, desorientacion en el espacio y en el tiempo, inventa enemigos, etc. Se ve que a la jefa del cotarro galleguero le tiemblan las piernas sabiendo que tiene el domingo tan cerca. A lo mejor tambien es uno de los sintomas.

1 Serrapio

Vox-truz, ti es a mostra máis preclara da pandemia nazionalista que tan ben describes!

4 Gamela

Se queren confinar ao positivo de Ribadeo na Illa Pancha... a ver se así serve para algo? Non só para privatizar o acceso ao patrimonio común !

3 Sentidiño

O medo do PP nestas eleccións pode ser medido en Galicia Confidencial pir medio de dous factores: a subida do número de comentarios, e a baixada do nivel intelectual dos mesmos.

1 Rui do

Salió el lacayo de la U con sus labores habituales. Dicen que tu jefa, perdón, el florero que puso Paco, se cambia de pantalones 3 veces al día de los efectos de tanto canguelo. Ya verás que risa este domingo. Aquí te vamos a ver

2 Sentidiño

Son muller e non son da upegá, pero iso non ten importancia. Grazas por saíres confirmar o que digo sobre o nivel...

2 Riolo

Pontona tiene la batalla perdida en el campo electoral. Y claro, busca alguna opción en los despachos.

1 Ana

Uns poucos positivos (supoñendo que os test sexan fiables) non xustifican confinar a toda unha comarca nin menos ainda suspender ali as eleccions. Xa esta ben que recortar liberdades por un suposto virus que e menos mortal que a gripe comun cos datos globais actuais. Por outra banda que caprichoso e o "virus" que aparece nunha zona donde a xente esta protestando en defensa da sua industria e futuro. Xa estamos fartos de que nos recorten liberdades en nome da nosa saude ou que nos queran impor vacunas que vai ti a saber que levan. Paises donde non existeu confinamento, como Suecia, tiveron menos mortes polo suposto virus. Os despertos decimos NON ao bozal,as vacunas obrigatorias, ao 5G, confinamentos inutiles e ao NOVO ORDE MUNDIAL.

1 Conavirus

Ana, nom sabes de que falas, eu fixen uns testes do conavirus ese na minha bisbarra e deu-me positivo a mim e a catro vizinhos, um can e um saco de patacas. Temos um brote, confinamento, peche e a focinheira xa!! Vacinas pra todos, e unha nova cada ano!!! E que as grandes empresas das vacinas fagan negocio, pa daren-nos empregos. Viva Bill Gates, grande benefactor do mundo!!

2 Rui do

Si Ana sí, y la tierra es plana. Este es el nivel de rapazada bloqueira.

3 Rapazada bloqueira

Olá Rui do, eu pertenzo a esa rapazada bloqueira que dis e nin de cerca pensamos semellantes trapalladas. Pero entendo que ti eres desos vellos que falan por falar na barra do bar, saúdos

4 Sentidiño

O medo é libre. Se o virus está a se propagar, pode chegarme, e podo matar a miña avoa, non se dan as condicións para escollermos libremente entre o voto e a abstención. Eu adiaría a votación.