Abrente ou Nós-UP, o dilema da UPG

A forza de Aymerich presenta unha emenda ás teses promovidas pola UPG e rexeita en principio intergrarse nunha lista común.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 16/02/2013 | Actualizada ás 21:36

Comparte esta noticia

Abrente, o grupo máis próximo á socialdemocracia dos que quedan no Bloque, presentará unha emenda ás teses que defende a UPG, o partido comunista máis numeroso na frente. Na próxima Asemblea Nacional do 16 de marzo, que decidirá unha posíbel refundación do BNG, Abrente tampouco se integrará, en principio, nas listas que promove a UPG.

Manifestación de Causa Galiza
Manifestación de Causa Galiza | Fonte: Galiza Contrainfo

O voceiro de Abrente Carlos Aymerich confirmou a presentación da emenda no Consello Nacional do Bloque organizado en Compostela. Iso si, Aymerich admitiu que aínda hai posibilidade de pacto, pois queda pendente outro Consello Nacional para votar os textos remitidos hoxe.

Abrente é a forza que acolle aos militantes de Máis Galiza que non marcharon do BNG tras a última Asemblea Nacional. Nesa Asemblea a UPG gañou democraticamente todas as votacións, polo que en principio o partido de Nestor Rego e Francisco Jorquera non debería ter problema para vencer tamén na próxima Asemblea sen o apoio de Abrente. Con todo, hoxe quedou claro que Abrente non está pola integración automática asumindo os postulados dunha práctica máis ortodoxamente comunista e soberanista que propugna a UPG.

Neste xiro, a UPG está a considerar a posibilidade de tentar integrar nunha única forza aos colectivos independentistas que nas últimas décadas se afastaron do Bloque polo súa suposta deriva cada un discurso menos independentista. O portal independentista Galiza Livre confirmou a existencia de conversas tanto con Causa Galiza como con Nós UP. De feito, o Bloque promove unha plataforma pola autodeterminación na que pretende integrar aos independentistas, unha iniciativa inédita no BNG dos últimos anos.

Guillerme Vázquez, admitiu hoxe entre liñas que hai contactos, pero "oficialmente" non. "Outra cousa é que neste país todo o mundo fala con todo o mundo, pero dende o punto de vista de establecemento de conversacións formais, non" declarou en rolda de prensa quen permanece como voceiro até a Asemblea. 

A manifestación de NóS-UP o 25 de Xullo de 2011
A manifestación de NóS-UP o 25 de Xullo de 2011

De entrada semella que a importante distancia ideolóxica entre a socialdemocracia de Abrente e o soberanismo marxista de forzas como Nós-UP poidan convivir sen roces dentro dunha mesma organización. 

Abrente aposta por un BNG que supere o modelo frontista superando a doble militancia, onde os militantes son membros tanto do Bloque como das súas correntes. Tamén argumenta que, para transformar a sociedade galega, é imprescindíbel tentar acadar máis poder político nas institucións. 

Debate dentro da UPG

Dende a UPG, Jorquera negouse a valorar a emenda de Abrente. O voceiro parlamentario tamén rexeitou debater sobre nomes para substituír a Vázquez, malia que en principio el é o favorito para tal labor. 

Dentro da propia UPG hai un debate intenso sobre como artellar o futuro do Bloque. Mentres unha parte da formación considera que cómpre tender pontes para tentar a medio prazo recuperar a unidade do nacionalismo atraendo aos escindidos de Compromiso por Galicia e Anova Irmandade Nacionalista; outra parte considera que a prioridade é afondar no xiro á esquerda e, de paso, atraer aos independentistas sen ter tanta presa para chegar a acordos con Anova e Compromiso.

Público no acto de Abrente
Público no acto de Abrente
Néstor Rego, actual líder da UPG
Néstor Rego, actual líder da UPG | Fonte: Terra e tempo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 67 comentarios

30 Zzzzz

Zzzzzz zzzzzzz zzzzzz zzzzzz zzzzzzz zzzzzz zzzzzz .........

29 o_trebon

UPG e Anova si que levan meses negociando a volta á casa dos irmandinhos pródigos. Mario López Rico, candidato á presidencia da Xunta. Ana Pontón, segunda de abordo. Nós-UP segue en liortas con 7-UP por mor dos logos...como medida de presión, o Avante deixará de servir toda caste de ghasiosas...iso si, a música lixo e o estilo abrebadeiro para a-normais das fins de semana non mudará. Aymerich, despois de ser sorpreso na traseira dun carro con Cuíña Jr, deixa o BNG e pasa a conducir autobuses na empresa dezá propiedade da familia dos casiques.

28 Cachuzo

A UPG é o cancro do nacionalismo galego de esquerdas. Nom é mais que unha récua de bispos em busca de acólitos para oferecer umha marca, BNG, cada vez mais desprestigiada, no que se mestura gente de ideologia demasiado diversa, o que gera desencontros contínuos e mesmo más relaçoes pessoais. Aprendamos dunha vez do nacionalismo español: un partido marxista-leninista (UPG), outro social-democrata (Anova) e outro de centro-direita (CxG). Assim cobrimos tudo o espectro ideológico e nom mesturamos nas mesmas organizaçoes gente divergente e que mesmo se acaba levando mal. A corrupçom generalizada dos grandes partidos espanhóis, que os leva à desafecçom com a cidadania, é umha oportunidade que os nacionalistas galegos temos que aproveitar para os superar eleitoralmente e deixá-los passeninhamente na marginalidade; é possível que AGE o consiga mais cedo do que tarde a respeito do PSOE,e no campo da direita há que luitar polo mesmo. Morte ao frontismo já!

1 mk__

Coido que tes uns erros. A UPG non é de praxe marxista leninista nen con 3 botellas de LK. CxG definen-se coma social-demócratas. Con Anova ando perdido, mas o EI non se decia social-demócrata

2 Cachuzo

A UPG defínese como comunista, e polo tanto marxista, outra cousa é que lhe interesse ocultá-lo sob as siglas BNG. O leninismo, mais que umha ideologia concreta, é umha estratégia para acadar a sociedade comunista. Quanto a Anova, na sua web nom encontrei referência nengumha ao marxismo polo que, se nom som de direitas, terám de ser socialdemócratas. O problema é CxG, que efectivamente se define como socialdemocrata: cabem Anova e CxG competindo polo mesmo espaço? Coido que nom. Assim que, ou se fusionam, ou CxG terá que se abrir a gentes mais centristas e mesmo de centro-direita que refuguem os sinais de identidade da direita espanhola: nacionalismo espanhol, criptoconfesionalismo católico, oligopolismo e ultraliberalismo (neocons). E se se fusionarem Anova e CxG, este espaço valeiro de centro-direita há que enchê-lo de algum jeito, porque senom teremos PP para décadas e décadas.

3 Ameneiro

Comunistas hai moitos, e comunistas non-marxistas tamén. Ti dixeches marxistas-leninistas que son unha capela moi concreta. Interesante, podes explicar-me eso de que se non es marxista ou de dereitas es social-demócrata? (Mentres vou botar unha ollada aos livros anarquistas, altermundistas, e do comunismo non-autoritario, entre outros, haber que din).Curioso que te basearas no que eles din de Anova e a UPG, e non fixeras o mesmo con CxG, cicais por que non cadraria a tua teoria?

27 carcamal

a esquerda españolista está no parlamento porque a upg quixo. o parlamento non vale na prática para nada, so ten sentido como combinación con traballo social en todos os eidos ( cousa abandoada pola upg -profesionalización bandulleira-). o debate interno no bnupg e algo que queda moi ben, pero non existe. o pobo galego está por diante das forzas políticas nacionalistas en liza porque estas son parte das institucións superadas pola realidade social. Só hai dirixentes fabricados artificialmente para ocasións concretas de pactos e non sei que mais; dirixentes que non saben outra cousa que pillar a forma de vivir do conto, títeres de líderes como paco que vai de redentor por riba do ben e do mal. divorcio sociedade e intelectualetas seudolideres.

26 Maquis contra AGEstapo

Botemos o lixo da pseudo esquerda institucional españolista de Galiza. IU é tan culpable coma o PP do que estamos a sofrir. Que nos ides prometer? unha nova transición? mais bicos a bandeira bicolor, mais xenuflexións de Carrillo ao Borbón? mais pactos da Moncloa? mais vende patrias vedettes coma Pétain Beiras? Ao lixo con todos vós, xa se ve en Andalucia a alternativa que representades.

1 anxo

quanta mentalidade coloniçada há neste país. A mim pessoalmente preocupa-me moi pouco Santiago Carrillo, IU de Andaluzia o de Colmenar de las Comadrejas. Eu moro em Galiza e preocupo-me do futuro do nosso país. Aindo lembro quando Paco Rodríguez piava pelo estado plurinacional, entrevistava-se com o monarca dos espanhois. Que pouca memória!!!!