Acordo de reconstrución da UE, cantos dos 140.000 millóns virán a Galicia?

Os estados da Unión disporán de diñeiro para facer fronte á crise que deixa a COVID sobre o tecido económico e social. España recibirá 140.000 millóns de euros. Economistas e sindicalistas teñen dúbidas de como vai ser ese reparto e se se fará só por poboación ou tendo en conta outros criterios dos que Galicia sempre queda excluída, como a dispersión ou o envellecemento da poboación.

Por Moncho Mariño | Santiago de Compostela | 21/07/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Os 140.000 millóns da UE que recibirá España do fondo de reconstrución, teñen que facer fronte a unha situación con empresas en ERTE, paralización do sector turístico, que en Galicia ten máis peso cada ano, e unha caída do PIB que algúns cualifican de “brutal”. Galicia reclamará a súa parte deses fondos, mais todas as fontes apuntan a esperar acontecementos antes de cuestionar canto diñeiro chegará e como se fiscalizará.

Reunión de líderes da UE para negociar o fondo de reconstrucción
Reunión de líderes da UE para negociar o fondo de reconstrucción | Fonte: RTVE

GALICIA NO ACORDO

“O acordo non contempla ningunha cláusula sobre reequilibrio interno da UE, nin entre estados nin de desenvolvemento rexional” apunta o economista Xabier Pérez Davila. A interpretación é que Galicia dependerá ou da distribución unilateral por parte do Goberno central ou de negociacións Goberno-autonomías. Aínda máis, Pérez Davila aclara que as actuais políticas económicas da UE tenden “á concentración de poboación e de peso económico en determinados territorios, aumenta a poboación en Madrid e aumenta tamén a capacidade económica de Madrid, por exemplo”, isto en detrimento doutros territorios como o galego.

España e Galicia deberan aproveitar este diñeiro da UE para investimentos en “economía verde” como apunta Pérez Davila, “en políticas sociais e industriais que atendan a criterios territoriais, como por exemplo a eficiencia enerxética dos fogares en Galicia”. Non obstante, José Antonio Gómez, secretario xeral de UGT-Galicia, non entende que dentro desa economía verde “en Galicia pechen as térmicas e en Alemaña estean abrindo outras”.

Levabamos tempo dicíndolle á Xunta que era posible a creación dun fondo europeo” di Ramón Sarmiento, secretario xeral de CCOO-Galicia. “Insistimos en crear proxectos coas nosas PEMES, para captar fodos na nosa comunidade” e que, cando chegue ese investimento “analizar que se está realizando de maneira positiva”.

Emmanuelle Macron, Pedro Sánchez e Angela Merkel
Emmanuelle Macron, Pedro Sánchez e Angela Merkel | Fonte: RTVE

A QUE PREZO?

A metade do diñeiro que vén da UE son empréstitos a devolver polos estados. España, dos 140.000 millóns que recibirá, 73.000 son a fondo perdido e 77.000 deben devolverse. “Isto quere dicir que o Estado español, que tiña unha débeda pública do 95 ou 100% do PIB, agora pode chegar ao 110 ou 112% do PIB”, explica Pérez Davila.

Como afecta isto aos e ás traballadoras en Galicia? Ricardo Castro, secretario xeral da CUT, cre que os recortes serán máis fortes que en 2008 porque “aproveitarán o discurso do virus, que é unha cuestión allea ao sistema económico”. Castro ve que “nos enfrontamos á COVID con servizos sanitarios precarizados e mercados laborais precarizados, iso non é consecuencia da enfermidade”. Aínda máis, para o sindicalista da CUT “antes de todo isto, estabamos diante das portas dunha nova crise como a de 2008, a doenza é unha maneira de tapala”.

Paulo Carril, secretario xeral da CIG, teme que o entendemento no seo da UE “leve unha serie de condicións como recortes de dereitos e redución en gasto social”. Carril súmalle a isto a non derrogación da reforma laboral, e todo isto poderá traer o debilitamento de servizos públicos e a súa privatización, “e xa vemos en que estado estaba a sanidade pública e o coidado das persoas maiores, cando apareceu a COVID”. Por outra parte, engade que o acordo chega nun contexto de transición industrial para Galicia. “Unha transición que non é xusta nin é galega”.

José Antonio Gómez entende que se este acordo pode acelerar cambios no modelo económico europeo, “ese cambio de modelo ten que ser igual para todos”. Sobre se os fondos poden axudar á solución de sectores como o do aluminio, Gómez non considera que isto aconteza. “No caso de Alcoa, o Goberno ten que declaralo sector estratéxico, se Alcoa quere marchar, o Estado pode intervir temporalmente ata que haxa comprador”.

Ramón Sarmiento entende que este acordo, sen precedentes dentro da UE, é positivo. “Mancomunar a débeda é unha resposta axeitada, mais os fondos poden parecernos insuficientes ante os desafíos que temos diante”. De momento, “non se falou de recortes, creo que sería indecente falar diso nestas circunstancias ”. Non obstante, Sarmiento non esquece que o contexto antes da COVID era de reducción do crecemento económico e do PIB. Por iso “estes fondos reforzarán capacidades sanitarias, dependencia e que o modelo produtivo integre dixitalización e modernización sen prexudicar a ninguén”.

DIVISIÓN DENTRO DA UE

A división de criterios entre os países chamados “austeros” fronte aos que reclamaban medidas económicas sen cargas a posteriori, deixou en evidencia unha fenda dentro da Unión. “Os países da zona euro cederon a soberanía monetaria, mais sen medidas correctoras como unha facenda común” explica Pérez Davila. Isto permitiu que os países máis ricos entrasen nos mercados dos países periféricos do Sur e do Leste da UE, sen ningún tipo de regulación compensatoria.

O Parlamento Europeo aprobara nun primeiro momento que o fondo de reconstrución fose de 2 billóns de euros, o Goberno español reclamara 1,5 billóns e ao final quedou en 750.000 millóns, unha redución influída pola postura do grupo de estados reticentes a este fondo de axudas, e que lideraban os Países Baixos.

A división entre países da UE para Ricardo Castro responde a que hai países do norte que dentro de pouco terán eleccións e “a presión da ultradereita fai que contenten a esta corrente que lles pode quitar votos”. A CIG entende que a “UE é unha construción económica e monetaria baseada en estar ao servizo do capital e nega a realidade dos pobos”.

José Antonio Gómez ve nesa división europea unha necesidade de que “o proxecto europeo ten que afrontar un proceso de negociación serio, porque este acordo revelou as dificultades de ter dúas visións de entender a UE”. Gómez entende que esa insolidariedade corresponde á intención dos países menos solidarios de ter unha Unión Europea á carta, “introducir medidas de carácter ideolóxico fai que non se vexa o proxecto da UE como unha solución”. A división en dous bloques, para Ramón Sarmiento “responde a unha dinámica interna da UE, quen parasita as institucións europeas é quen ten unha visión dunha Unión limitada”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

5 Acordadevosdemin

Os chiringos upegallos necesitan cash.

4 Juan Feijoo

A ver canto vai para educación ou Sanidade e canto para “subvencionar” as perdidas de Empresas de amíguetes

3 anonimo

Non usar a mascarilla non é unha " libertade" senón unha irresponsabilidade. E un medio para evitar contaxios. Hai xente que ou está cega, ou tan obsesionada que non quere ver a realidade. E a crise económica é consecuencia da pandemia. Tamén a cegueira dalgúns/algunas non o quere ver. Menos obsesiones rabiosamente tolas e mais realidade. So falta decir que coronavirus é falso.

1 Ana

¿Contaxios de que?. ¿Dende cando respirar dioxido de carbono e bo?. Non estamos cegos, estamos informados e decimos NON aos planes das elites globalistas. Quen teña medo a un virus (exista ou non) que se confine, que poña o bozal e todalas vacunas que queira pero que non obriguen ao resto.

2 Ana

Moita xente que pensaba coma vostede xa esta despertando. Voulle recomendar que vea o video subido a youtube co titulo seguinte (e bastante longo o titulo): "NUEVA HEROÍNA MUNDIAL. "Me da igual si pierdo mi trabajo". ReVelión en la granja en Valencia""

2 Ana

Se somos europeos eu pido ter as mesmas liberdades que teñen en outros paises europeos donde o bozal (mascarilla) no e obrigatorio e donde non foron confinados (Suecia, por exemplo) polo Coronatimo. Mais tamen e certo que a poboacion neses paises non e tan sumisa e a proba foi Serbia que sairon todos a protestar para defender as suas liberdades. Polo camiño que imos neste pais o proximo sera a vacunacion obrigatoria e iso da moito MEDO. En canto a axuda economica, menos axudas e mais deixar traballar a xente (sen bozal) e aos galegos deixarnos contar con unha "tarifa electrica galega" para atraer empresas. Eu se fose turista non viria a un pais donde me obrigasen a ir co bozal e acudir a praias parceladas. A pandemia real e a ruina economica e o recorte de liberdades que estamos a sufrir.

1 Un médico

Suecia neste momento ten un problemón co coronavirus. Os propios científicos suecos acaban de alertar aos demais para que non fagan o que fixeron eles. Teñen unha taxa de mortes de 556 por millón, superior á de USA que é de 424 e que xa é moi mala. Teñen un número de mortes 4,5 veces superior aos dos outros países nórdicos. Ademais están nunha taxa de seroprevalencia (inmunidade suposta) de xente con anticorpos menor ao10%. Moi baixa. Ademais antes de dous meses xa hai unha porcentaxe cercana ao 15% que perde os anticorpos e pode volver infectarse. Ai, ai, ai, Ana, tan intelixente para algunhas cousas e tan pouco para outras....

2 teutonio

Serbia non está na UE, boa parte dos protestantes cantaban Ratko Mladic. Se somos tan europeos deberíamos saber que competencias ten a UE pra non dicir parvadas como as que escribes.

1 Gamela

Seica os países "frugais" financian parte das súas pensións cos intereses da débeda dos países "pandereta" coma o noso... (?) Por tanto, e logo da maioría absoluta do PP, a Galicia só lle quedará endebedarse ata as orellas se quere ter acceso aos fondos europeos! Mentras o goberno Sánchez-Iglesias seguirá cunha política de estrangulamento que xa comezou con Alcoa, Endesa, Vulcano, etc... Agora as súas señorías marcharán de vacacións celebrando o "exito europeo" pero deses cartos Galicia está para pargar os intereses Así que veñen curvas...

1 Zoca

Pois culpa dos galegos, haber votado a outrose non sos enemigos do governo que conseguiu este diñeiro