Os traballadores da Voz denuncian ameazas

Reunidos en Asemblea, rexeitan negociar nos termos propostos dende o xornal. La Voz pretende recortarlles máis o salario e poder botalos máis barato, malia seguir recibindo unha enorme cantidade de axudas públicas. Comezan as mobilizacións.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 26/02/2013 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

Máis de 160 traballadores e traballadoras das distintas delegacións de La Voz de Galicia mantiveron unha asemblea esta fin de semana. Os asalariados confiramaron a negativa a aceptar "o marco de negociación imposto pola empresa". Os traballadores denuncian que na proposta empresarial, "inzada de ameazas e ilegalidades", ínstase aos asalariados a aceptar unha rebaixa salarial do 12,5% e despidos sen límite.

Repartindo folletos contra os recortes en La Voz
Repartindo folletos contra os recortes en La Voz

Primeiras mobilizacións

Reunidos en asemblea, os proletarios apoiaron aos seus representantes que comunicaron á compañía de Santiago Rey que "non aceptamos a negociación coa empresa nos termos, calendario, obxectivos e proposta contidos" da proposta patronal. 

Despois da asemblea, o Comité Intercentros (formado por trece traballadores) estaba convocado a unha concentración diante da antiga sede de La Voz de Galicia en Catro Camiños, no centro da Coruña. A pesar de que a convocatoria estaba restrinxida aos delegados de persoal, medio centenar de asalariados sumáronse á protesta, segundo informa a CIG . O sindicato nacionalista é o máis representado nun comité no que tamén participan, entre outros, Sindicato de Xornalistas e Comisións Obreiras.

 "Prevé unhas pérdidas de 3,5 millóns en 2013"

Asemblea de traballadores de La Voz de Galicia
Asemblea de traballadores de La Voz de Galicia | Fonte: CCOO

Segundo informa Comisións, La Voz pretende baixar o salario un 12,5 por cento os dous próximos anos para todos os que cobren máis de 20.000 euros brutos por exercicio. Para compensala, a empresa propón unha paga de beneficios en función dos resultados antes de impostos, malia que a propia compañía "prevé unhas pérdidas de 3,5 millóns en 2013". 

CC.OO. calcula que nos últimos cinco anos La Voz botou a 123 traballadores, un 25 por cento do total, reduciu os salarios aforrando 5,2 millóns e aumentou a carga de traballo por riba do fixado no convenio.

Os sindicatos do diario maís vendido en Galicia aseguran que nos últimos anos os directivos e propietarios repartíronse máis de 7 millóns en dividendos mentres recortaban salarios e aumentaban xornadas. 

Axudas de públicas millonarias sen garantir o emprego

 

A empresa non fixo pública polo de agora a súa versión do conflito. O diario herculino está a sufrir como todos os medios en papel a caída de ingresos pola recesión das vendas e o derrumbe do mercado publicitario.

Polo tanto La Voz aplica estes recortes, despedimentos e reparto de beneficios entre os accionistas grazas, sobre todo, a continúa e masiva inxección de cartos públicos por parte da Xunta e outras administracións.

Por exemplo, aos tres anos de gobernar Alberto Nuñez Feijóo o diario de Santiago Rey xa recibira 7,2 millóns en axudas. Deses 7,2 millóns, unicamente o 35 por cento recibíraos mediante concurso con publicidade, o resto foi a dedo.

O equipo de GC expresa a súa solidariedade cos compañeiros de La Voz de Galicia nestes difíciles intres, igual que fixo con todos os compañeiros que sufriron recortes e despedimentos nestes anos.

Protesta dos traballadores de La Voz
Protesta dos traballadores de La Voz | Fonte: CCOO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

7 Ex lector da Coz

Á marxe das liortas entre bloqueiros e beiristas, o caso é que ese PPanfletucho vai dando pasos para o seu peche definitivo. Celebrémolo de fagamos o posible para que ese peche chegue canto antes.

6 lois

A prensa escrita vaise ao tacho. Dentro de nada só quedaran xornais dixitais, coma GC, que se nutre , en parte, dos comentarios alporizados dos propios lectores, e que, lóxicamente, son gratis. 7 millóns de euros en subvención son unha salvaxada. Non sei coma sobreviven outros xornais.En fin, en Galicia ( e seguramente no mundo mundial ) o porvir dos periodistas está un pouco negro. ¿ Non si ?

1 Un lector

¿E son necesarios os xornalistas nos tempos de internet? ¿Seguro que non fan un traballo, que está demasiado ben pagado para a responsabilidade que teñen? ¿O xornalismo non tería que ser unha formación profesional? PD: noto últimamente que aos Ex-Voz se lles vai bastante a pinza, que esaxeran, que son apasionados. Todo esto para min que resta credibilidade á mensaxe inicial que tiñan.

5 Un de fóra

A solución a todos os problemas da voz como ben saben todos os traballadores é que volvan: _Félix Soria, en calidade de Consejero Delegado _Mexuto o do Bloque, en calide de xefe da máquinas (rotativa) _Gómez, o ex director, para alguén chame a Quintana a Brasil E tambén saben os traballadores que a solución é fichar: _Xurxo Salgado, o deste confidencial, para director. _Paco Rodríguez, articulista en substitución de Ónega. _Iolanda a de Ferrol para presentar o debate de Voz Televisión

1 Xosé M. Martínez

Primeiro foi "un de dentro" e logo "un de fora", os "peóns" da Voz teñen moi pouca orixinalidade á hora de escoller alcumes.

4 omaio

Home ,ex voz,non metera a todos traballadores da voa no mesmo saco,hai traballadores... e hai bufóns,p.ex os que censuran os comentarios e a manipulan as enquisas no diario dixital,os que se prestan a manipular sesgadamente a información etc, ou os (presuntos periodistas,economistas,etc)engominados ,ou cunha tripa descomunal. Ou os fillos de papa ,enchufados,,..non é certo????

3 Un de dentro

Cando Santi lle venda o periódico a Xose _non Xosé_ (xa hai conversas)para botar a Feijoo a Xunta, aos traballadores non lle van pedir que se baixen algunha das CATRO pagas extra que aínda apoquina o burgués do señor Rey, senón que se lle vai pedir aos traballadores que aporten as CATRO pagas a AGE para a causa. Os tempos son chegados. Din que daquela vai voltar pero xa como director o grandísimo xornalista Félix Soria. Me entra tanta risa que de descojono solo de pensar en los burgueses xornaleiros de La Coz entregando el 20% del salario a Xose, a la de Ferrol a un melenas que anda por el Parlamento. Ao mellor daquela a CIG _por reacción al Petain traidor coas esencias da UPG_ chama a Santi para que volte e que lles vaixe o 12,5%. Mellor que o leve o Patrón que darllo ao enemigo.....

1 m.m.m.m.m.m.

os trolls da U cada día están peor

2 omaio

da u? ou do pp(por piernas)teño dúbidas ,tal vez se fagan pasar uns por outros,din o mesmo

3 Xurxo Lastres

Un de dentro quere decir de dentro da Voz?, ou de dentro da "serpe"?