Segundo foco de COVID-19 detectado en Arzúa con seis contaxiados

O anterior foco afectou a Melide e Arzúa, con tres casos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2020 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

Os servizos sanitarios detectaron un novo brote familiar, con seis casos positivos, no municipio coruñés de Arzúa, unha área na que hai pouco máis dunha semana detectáronse tres casos, tamén con vínculos familiares, pero que non teñen relación con estes últimos.

Segundo informaron a Europa Press fontes da área sanitaria, este brote afecta a seis casos positivos, todos eles da mesma familia. Trátase dun foco "localizado e pechado", no que se descarta transmisión local.

Dáse a circunstancia de que na mesma área, concretamente no veciño municipio de Melide, detectouse hai pouco máis dunha semana un foco con tres casos positivos, tamén con vínculos familiares e importado. No entanto, fontes sanitarias apuntaron que os dous focos non teñen relación entre eles.

En todos os casos procedeuse a illar ás persoas con PCR positiva así como aos seus contactos directos, que xa foron rastrexados, polo que os focos se consederan pechados.

Unha sanitaria, antes de realizar un test de coronavirus  EFE
Unha sanitaria, antes de realizar un test de coronavirus EFE | Fonte: ELISEO TRIGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ana

Esta paranoia seguira ata que nos poñan a vacuna e o chip e senon ao tempo. Recomendo un video (en castelan) para persoas despertas (esas que din NON ao bozal e saben que non hai bicho); buscadeo en youtube co titulo: "Spain is different - Trota Poker Canal"