Extinguido o maior incendio forestal en Galicia desde 2017 tras case unha semana activo

No lume de Cualedro arderon 1.535 hectáreas segundo a Xunta, aínda que o poderían ser máis.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 04/08/2020 | Actualizada ás 11:50

Comparte esta noticia

O maior incendio forestal rexistrado en Galicia este verán quedou extinguido este martes tras queimar unhas 1.535 hectáreas de superficie no municipio ourensán de Cualedro.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes da Consellería do Medio Rural este incendio quedou extinguido ás 10,45 horas deste martes tras declararse o pasado mércores.

En concreto, este incendio forestal, o de maior superficie arrasada rexistrado desde a vaga de incendios de 2017, permanecía controlado desde o mediodía do pasado sábado na parroquia de San Millao, no municipio de Cualedro.

As últimas estimacións apuntadas por Medio Rural sitúan a superficie queimada nunhas 1.535 hectáreas, das cales 525 son agrícolas e 1.010 forestais --unhas 960 rasas e uns 50 arboredos--.

Para o control deste lume foron mobilizados dous técnicos, 54 axentes, 132 brigadas, 51 motobombas, seis pas, 13 helicópteros e 13 avións, ademais de efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Zona queimada polo incendio de Cualedro (Ourense).. Rosa Veiga - Europa Press
Zona queimada polo incendio de Cualedro (Ourense).. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta