Detectado un foco familiar en San Cibrao das Viñas que trouxo unha octoxenaria procedente de Venezuela

Os afectados teñen entre 69 e 97 anos.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 10/08/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Un novo caso positivo de COVID-19 importado detectado ao realizarlle unha proba preventiva a unha viaxeira de 82 anos procedente de Venezuela revelou un brote familiar con outro tres positivos no municipio de San Cibrao das Viñas.

Segundo informaron fontes da área sanitaria de Ourense, a octoxenaria presentaba sintomatoloxía leve e obtivo positivo por COVID. Atópase actualmente en situación de illamento no seu domicilio en San Cibrao das Viñas.

O labor de seguimento dos seus contactos máis estreitos realizado por esta área sanitaria, e unha vez realizados os rastreos e estudos correspondentes, detectaron outro tres novos casos positivos de tres homes da súa contorna familiar de 97, 85 e 69 anos de idade, "tamén asintomáticos", puntualizaron as mesmas fontes.

De acordo co protocolo establecido pola Consellería de Sanidade, sinalaron as mesmas fontes, procedeuse ao seguimento dos seus contactos máis estreitos, que deberán gardar corentena durante 14 días.

O reconto de casos positivos na provincia de Ourense sitúa en 46 os casos activos, dous deles pacientes ingresados en planta do Hospital Universitario de Ourense e 44 en seguimento a domicilio.

Primeiro fármaco aprobado para tratar casos graves de COVID-19.. GILEAD - Arquivo
Primeiro fármaco aprobado para tratar casos graves de COVID-19.. GILEAD - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta