Controlado o lume de Lobios tras arrasar 420 hectáreas do parque natural do Xurés

Aínda non foi sufocado. Si se apagou o de Muíños que arrasou con 50 hecareas, tamén no parque do Xurés.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2020 | Actualizada ás 21:11

Comparte esta noticia

O incendio forestal que se rexistra desde a mañá do pasado sábado no municipio ourensán de Lobios quedou controlado esta tarde de martes tras arrasar unhas 420 hectáreas no parque natural do Xurés. Na extinción deste lume produciuse un accidente de hidroavión no que faleceu un piloto portugués.

Así o informou a Consellería do Medio Rural, que indicou que este lume se localiza na parroquia de Manín, onde comezou ás 8,00 horas do sábado tras entrar desde Portugal.

Nas tarefas de extinción traballaron de forma acumulada 11 helicópteros, nove avións, 30 motobombas e 55 brigadas, entre outros medios.

Por outra banda, quedou extinguido ás 19,06 horas o incendio de Muíños, na parroquia de Requiás, que afectou a case 50 hectáreas no Xurés.

Incendio en Guntimil, en Muíños, na raia con Portugal
Incendio en Guntimil, en Muíños, na raia con Portugal | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta