O alcalde do Incio pedirá "un cribado masivo" tras o brote de 65 casos nunha residencia do municipio

Di que tras coñecer o mércores o primeiro caso algúns veciños xa fixeron as probas e "deron negativo".

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 20/08/2020 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

O alcalde do Incio, Héctor Manuel Corujo (PP), confirmou que pedirá a Sanidade a realización dun "cribado masivo" para detectar casos activos de COVID, tras coñecerse este xoves un brote que afecta a 65 usuarios da residencia de maiores desta localidade lucense.

Así o trasladou, en declaracións a Europa Press, tras recoñecer que está "sorprendido" polo gran número de casos nesa residencia, onde tamén están afectados catro traballadores. En todo caso, e dada a magnitude do brote no centro xeriátrico, Héctor Manuel Corujo sinalou que, ademais de manter as medidas de prevención xa implementadas, o goberno local está a exporse suspender certos "servizos sensibles", como o servizo de axuda a domicilio.

Así mesmo, solicitará a Sanidade a realización dun "cribado masivo" para detectar posibles contaxios no pobo ou, polo menos, probas para os familiares dos usuarios e traballadores da residencia afectada.

O rexedor do Incio sinalou que "aínda se está investigando" a orixe dese importante brote, xa que "non hai casos positivos, que se saiba, no pobo". De feito, apuntou que, nas últimas horas, cando se fixo público que un traballador da residencia era positivo en COVID, "houbo certo nerviosismo" na localidade, e algúns veciños sometéronse a probas PCR "de forma particular e privada". "Pero todos deron negativo", sinalou.

Test COVID-19 en Galicia.. DAVID CABEZÓN
Test COVID-19 en Galicia.. DAVID CABEZÓN | Fonte: XUNTA DE GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta