Estoupa a batería dun patinete eléctrico e provoca un incendio nunha casa en Barro

O lume só afectou a un cuarto da vivenda.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 25/08/2020 | Actualizada ás 10:43

Comparte esta noticia

Un patinete eléctrico que se estaba cargando orixinou durante a tarde deste luns pasado un incendio nun piso dun inmoble situado na Rúa das Baladas no municipio de Barro. Segundo informou o 112 Galicia, ardeu unha habitación da vivenda por completo e o fume afectou o resto da casa, sen que ningunha persoa resultase ferida.

Varias persoas particulares alertaron ao 112 Galicia do incendio sobre as 19,10 horas deste luns. Segundo comunicaron na súa chamada, descoñecían se había algunha persoa no interior da casa.

A partir de aí, por parte do CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Ribadumia, Pontevedra e Vilagarcía, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e de Protección Civil da localidade. As tarefas de extinción do lume e ventilación do fume concluíron sobre as 20,30 horas.

Patinetes eléctricos estacionados. ARQUIVO
Patinetes eléctricos estacionados. ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta