O positivo un condutor de motobomba de Verín obriga a illarse a outros dous traballadores

Hai casos de coronavirus nas brigadas da Cañiza, A Lourenzá e San Xoan de Río.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2020 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

Un novo positivo entre os traballadores do dispositivo contra incendios da Xunta, o dun condutor de motobomba en Verín, obrigou a illarse tamén a dous dos seus compañeiros, informaron fontes do Goberno galego.

O condutor que deu positivo atópase xa no seu domicilio e pediuse a outros dous condutores de motobomba cos que estivo en contacto que fagan o mesmo. Os médicos de cabeceira encargaranse agora de darlles as instrucións pertinentes.

Este positivo súmase aos coñecidos nos últimos días entre traballadores do dispositivo contra incendios. En concreto confirmouse que se contaxiaron con coronavirus brigadistas do Servizo de Protección e Defensa Contra Incendios Forestais na Cañiza, A Lourenzá e San Xoan de Río.

O venres coñeceuse tamén que un brigadista da cuadrilla municipal de Cualedro (Ourense) deu positivo, o que levou a pór en corentena a catro compañeiros.

Brigadistas combatendo un lume / MARTA VÁZQUEZ/EUROPA PRESS - Arquivo
Brigadistas combatendo un lume / MARTA VÁZQUEZ/EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta