O mercado do mel esquiva a pandemia cun "importante incremento" de apicultores

O sector recoñece, porén, unha caída da produción polo mal tempo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A uns meses de pechar a tempada apicultora todos os datos apuntan que o mercado do mel será un dos poucos sectores que sairán reforzados da pandemia. Esa é a impresión que desprenden as cifras ofrecidas polo consello regulador da Indicación Xeográfica Protexida que rexe este produto. Dende a institución destacan un "importante incremento do número de altas" con respecto a anos anteriores que se traduce, na práctica, cun incremento no número de apicultores.

Colmea de abellas
Colmea de abellas | Fonte: UN.ORG

A suba na cantidade de persoas que se entregan de xeito profesional e non profesional ó cultivo do mel contrasta, con todo, cunha baixada na cantidade total producida, que dende o cosnello regulador vencellan directamente ás inclemencias climáticas destes meses. Porén, o balance global para o mercado segue sendo positivo, en tanto que a IXP suma dúas novas instalacións con certificado de produto e sete novas pendentes para incorporar co certificado neste colleira. 

Na actualidade son xa 300 os apicultores adscritos á IXP e máis de 50.000 a colmeas xestionadas por estes. Estas cifras converten a IXP na indicación do mercado que máis inscritos ten no marco do Estado e mesmo de Europa. A boa marcha do sector enlaza cunha dinámica vivida ao longo da pandemia: a dos produtos do rural que, ante o esborrallamento doutros sectores, mantéñense á alza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta