A Xunta de Feijóo reduciu en 117 millóns de euros o gasto en educación desde o bipartito

Destinou 102,5 millóns de euros menos. Tamén o diñeiro destinade a sanidade apenas variou en dez anos. Galicia está entre as autonomías que menor gasto destinaron a políticas públicas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 10/09/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Galicia é unha das autonomías que menos gasto fixo en educación nos últimos dez anos. De feito, o investimento feito nun servizo público esencial como o sistema educativo foi de 102,5 millóns de euros. Unha redución dun 4,2% entre 2009, último ano do goberno bipartito de PSde e BNG, e o 2019, tras varios mandatos consecutivos do popular Núñez Feijóo.

Mesas e cadeiras recollidas nunha aula do Centro de Educación Infantil A Gacela, pechada durante a fase 1 da desescalada en Valencia. Como anunciaron hai uns días, os conselleiros de Educación autonómicos, na conferencia sectorial celebrada co. Iván Terrón - Europa Press - Arquivo
Mesas e cadeiras recollidas nunha aula do Centro de Educación Infantil A Gacela, pechada durante a fase 1 da desescalada en Valencia. Como anunciaron hai uns días, os conselleiros de Educación autonómicos, na conferencia sectorial celebrada co. Iván Terrón - Europa Press - Arquivo

Estas cifras relegan a Galicia ao décimo cuarto lugar en recuperación do gasto previo á crise do 2008 só por diante de Castela e León (-8,1%), Cataluña (-12%) e Castela A Mancha (-15,7%). Así figura nun informe elaborado pola Asociación Estatal de Directores e Xerentes de Servizos Sociais, que cifra no 0,2% (12,8 millóns de euros) o recorte en termos porcentuais en sanidade, educación e servizos sociais nas contas autonómicas desde 2009.

Os datos sitúan a Galicia no grupo das cinco comunidades que presentan un balance negativo xunto con Castela e León (-1,20%), Aragón (-3,00%), Castela-A Mancha (15,4%) e Cataluña (19,6%). De feito, a recuperación do gasto en políticas sociais é aínda "deficitaria" pois, tras 10 anos orzamentarios, o gasto en políticas sociais de 2019 (116.850,5 millóns) aínda está por baixo do de 2009 (116.851,7 millóns), cando rematou o goberno bipartito.

SANIDADE E POLÍTICAS SOCIAIS

E, a pesar de que pasaron 10 anos e as cousas mudaron moito, cunha crise sanitaria sen precedentes, o incremento destinado á sanidade con respecto ao 2019 é case ridículo, un 1,20% máis ( 47,8 millóns) . Unha cantidade que sobe ata o 5,8% en políticas sociais (41,9 millóns de euros máis) con respecto ao 2009.

O documento realiza un balance do gasto das comunidades en servizos públicos esenciais durante a década que comprende os anos 2009 e 2019. Deste xeito, Galicia é a oitava autonomía con maior gasto en sanidade, educación e políticas sociais en termos porcentuais, xa que destina o 61,5 por cento do total a estes apartados cun desembolso por habitante de 2.626,68 euros (décimo no ranking).

No entanto, segundo reflicte o informe, a evolución en termos porcentuais é negativa en Galicia (só Navarra e Asturias tiran resultado positivo). Neste sentido, o gasto contraeuse un 4,9% pese ao aumento de 59 euros no gasto por habitante.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Bismutiño

Pero seguro que sigue habiendo el mismo número de liberados sindicales o más.

1 Ailalelo

E de feixistas e dereitistas inùtiles, tamén, a Xunta de Feixoo é a que máis chiringuitos ten, e probablememte ti sexas un deles por iso estás aquì defendeno o teu xefe