Xunta, CEG, UGT e CC.OO. pactan "profundar" no diálogo social en busca da reactivación de Galicia

Feijóo subliña que "o emprego e a igualdade son prioritarias" nesta nova etapa poscovid.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2020 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

A Xunta, a patronal e os sindicatos UGT e CC.OO. --a CIG descolgouse no seu momento e tampouco agora estivo presente-- asinaron unha declaración institucional en busca da reactivación económica e social de Galicia desde o diálogo social.

Tras unha reunión de case hora e media na Cidade da Cultura, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que "o emprego e a igualdade son prioritarias" nestes momentos para o Goberno galego, de aí a creación dunha consellería con estas competencias.

De feito, o seu titular, María Jesús Lorenzana, foi unha das participantes na reunión por parte do Executivo autonómico, xunto ao responsable de Facenda, Valeriano Martínez, e o vicepresidente e conselleiro de Economía Francisco Conde.

Feijóo avogou por "ser útiles" co "pacto" do diálogo social que agora retoman os participantes no encontro, con "medidas para reactivar a economía" nos próximos "meses e anos" ante este "momento de extraordinaria dificultade". Así, desde un "realismo pragmático", mostrouse convencido de que Galicia "vai saír" da actual crise, e apostou tamén por políticas de emprego e medidas de apoio "no contexto poscovid".

Neste ámbito, en concreto, mostrouse partidario de "seguir cos ERTE" naquelas actividades onde non sexa posible reactivar o emprego e tamén por "reforzar o teletraballo" e dar "maiores facilidades á conciliación".

Firma de reactivación do diálogo social
Firma de reactivación do diálogo social | Fonte: Europa Press

SINDICATOS E PATRONAL

Pola súa banda, o secretario xeral de CC.OO., Ramón Sarmiento, chamou a "non escatimar ningún esforzo" nin ningún compromiso individual nin colectivo na loita contra a covid-19. Entre outros obxectivos, avogou por "mellorar" a calidade do emprego e dos servizos públicos e as prestacións, ademais de aproveitar os fondos europeos dispostos para o combate da pandemia.

O seu homólogo de UGT, José Antonio Gómez, coincidiu en que o diálogo e o traballo conxunto é, no actual contexto, "o que precisa e o que demanda a sociedade". Igualmente, o portavoz da confederación de empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla, incidiu en que "sen os axentes sociais" Galicia non será capaz de superar este momento de "moitas dificultades" e mostrouse "seguro" de que a comunidade "vai cumprir" e volverá entrar en crecemento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta